Rally de Narón de 1989

proba automobilística

O Rally de Narón de 1989 foi a segunda edición de dito rally e a segunda proba da tempada 1989 do Campionato de Galicia de Rallys de Terra. Disputouse en Narón o 27 de maio de 1989 e os vencedores foron José Caamaño e José Manuel Valeiro a bordo dun Citroën Visa 1000 Pistas.[1]

2º Rallye Narón
CategoríaGalicia Galicia
LocalizaciónNarón
OrganizadorSiroco Team Narón
ÁmbitoRexional
SuperficieTerra
Tramos10
Distancia tramos37,6 km
Gañadores
Piloto campiónGalicia José Caamaño
Equipo campiónEscudería Coruña
Participantes
Pilotos32
AnteriorRally de Narón de 1988
SeguinteRally de Narón de 1990

Itinerario editar

Constou dun itinerario segredo ata a disputa do rally, con dez pasadas por tres treitos diferentes (Piscina Municipal, Pedroso e San Xiao), sumando un total de 149 km, dos cales 37,6 foron cronometrados.[2][3]

Resumo editar

No primeiro treito empataron co mesmo tempo o Citroën Visa 1000 Pistas do coruñés José Caamaño e o Renault 11 Turbo do portugués Viana Ferreira, mentres que nos restantes nove treitos Caamaño marcou o mellor tempo logrando unha cómoda vitoria. Viana Ferreira mantivo a segunda posición ata o cuarto treito cando sufriu unha saída de pista e tivo que abandonar por problemas no motor. José María Martínez Magdaleno pasou entón a ocupar a segunda praza, rematando a primeira sección a 18 segundos de Caamaño, seguido por Javier García, Andrés González e José Manuel Torres.[4]

Na segunda sección o Lancia Delta HWD de Magdaleno envorcou, foi posto de novo sobre as rodas coa axuda duns espectadores e a continuación comezou a arder, quedando o vehículo totalmente calcinado. O seu copiloto, Manuel Campos, sufriu queimaduras, tendo que ser atendido nun centro hospitalario, ao igual que un dos espectadores.[4] Tamén envorcou o Renault 5 GT Turbo de Javier García, situación que aproveitou Andrés González para ocupar a segunda posición final.[4] O portugués João Enes cun Golf GTI completou o podio.[1]

Dos 32 pilotos que tomaron a saída, só 18 chegaron á meta. Entre os abandonos estiveron tamén os Seat 124 de Marabú, Jesús Ferreiro e Estrella Castrillón, sendo no caso desta última a súa única participación como piloto nun rally, invertendo con Germán Castrillón os seus habituais papeis de piloto e copiloto. Abandonaron tras sufrir unha rotura no vehículo.[4]

Clasificación editar

Pos Piloto Copiloto Vehículo Equipo Tempo
1   José Caamaño   José Manuel Valeiro Citroën Visa 1000 Pistas Escudería La Coruña 36'02”
2   Andrés González   Guillermo Díez Simca 1200 TI Arenteiro Motor Sport 38'39”
3   João Enes   Eduardo Aralde Volkswagen Golf GTI 1600 Escudería Doble Cero 38'42”
4   José Manuel Torres   Jorge Conde Volkswagen Golf GTI 1800 Racing Club Vila do Rei 38'47”
5   Tino Lombán   José Luis Pérez Seat 124 1800 Escudería Ourense 39'05”
6   Juan Ricardo Costoya   Manuel Ángel Macías Seat 124 2000 Siroco Team Narón 40'00”
7   José Ignacio Ruano   Miguel Couce Suzuki SJ413 Escudería A. Ferrol 40'13”
8   Manuel Pérez Valente   Eugenio Prieto Citroën GS Alacrán Motor Club 40'18”
9   Javier García   José Ramón Sánchez Renault 5 GT Turbo Senra Sport 40'31”
10   Manuel García   José Manuel Pinal Talbot 1200 TI Arenteiro Motor Sport 40'59”
11   José Emiliano Iglesias   Javier Campelle Seat 127 Escudería A. Ferrol 41'37”
12   Jośe Vázquez Mera   Juan Brun Pintor Renault 5 Copa Senra Sport 41'40”
13   Alfonso Torrente   Andrés Pita Seat 124 2000 Siroco Team Narón 42'08”
14   José Manuel Varela   Jesús Manuel Lorenzo Seat 127 Siroco Team Narón 43'32”
15   Pablo Rodríguez   José Manuel Boimorto Talbot 1200 TI Racing Club Vila do Rei 44'36”
16   Antonio Valenzuela   Antonio Otero Renault 5 GTL Siroco Team Narón 44'50”
17   David Ferrer   Gaspar Sierra Seat 124 1800 Escudería Ourense 54'32”
18   Antonio Sueiras   Luis González Seat 127 Siroco Team Narón 55'20”
Abandonos
-   Martínez Magdaleno   Manuel Campos Lancia Delta HWD Arenteiro Motor Sport -
-   Viana Ferreira   Luisa Silva Renault 11 Turbo Escudería Doble Cero -
-   Óscar Fernández   Marco Fernández Seat 124 1800 Racing Club Vila do Rei -
-   José Ramón García   Carlos Mera Seat 124 2100 Senra Sport -
-   Gonzalo González   Jorge Ramos Citroën Visa GTi Siroco Team Narón -
-   Antonio Bonome   José Ángel Rodríguez Seat 124 2000 Siroco Team Narón -
-   Estrella Castrillón   Germán Castrillón Seat 124 2000 Siroco Team Narón -
-   Marabú   Rogelio García Seat 124 1800 Escudería Ourense -
-   Manuel Ferreiro   Carlos Longa Seat 124 1800 Escudería Rias Baixas -
-   José Ramón Conde   José Javier Diéguez Talbot 1200 TI Arenteiro Motor Sport -
-   Solo Martínez   Juan Carlos Iglesias Ford Fiesta 1.3 Senra Sport -
-   Jesús Ferreiro   José Manuel Pampín Seat 124 Sport Coupé Senra Sport -
-   Julio Badía   Manuel Hermo Mini 1275 GT Escudería Doble Cero -
-   Pablo Castro   José Manuel Rañal Seat 127 Siroco Team Narón -

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "Clasificación final do rally" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 10 de xuño de 2020. Consultado o 25 de xuño de 2020. 
  2. "Itinerario". ewrc-results.com (en inglés). Consultado o 26 de xuño de 2020. 
  3. Arévalo, Fernando (27 de maio de 1989). "Cuarenta pilotos correrán hoy el Rally de Narón, organizado por el Siroco Team". La Voz de Galicia (en castelán). p. 51. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 Arévalo (29 de maio de 1989). "En Narón, triunfo de Caamaño y desgracia para Magdaleno.que pasó de ser segundo a ver su coche reducido a cenizas". La Voz de Galicia (en castelán). p. 47. 


Predecesor:
Rally de Terra Concello de Barbadás
 Campionato de Galicia de Rallys de Terra 
Tempada 1989
Sucesor:
Rally de Terra de Parada do Monte