José María Martínez Magdaleno

mestre e piloto galego de rallys

José María Martínez Magdaleno nado en Moaña,[1] é un profesor e ex piloto de rallys galego.

José María Martínez Magdaleno
 Moaña
NacionalidadeEspaña
Ocupacióneducador e piloto de rally
editar datos en Wikidata ]

Competiu durante décadas en diversos campionatos tanto a nivel nacional como autonómico, en probas de asfalto, terra e montaña. En 1998 proclamouse campión de España de Montaña no grupo N.[2]

TraxectoriaEditar

 
BMW 535 de José Luis Suárez e Martínez Magdaleno na Subida Cidade de Pontevedra de 2018

Estudou Maxisterio en Ourense e afincouse no Carballiño, onde foi mestre e director do Colexio Vila do Arenteiro.[3]

En 1977 disputou a súa primeira proba automobilística, a Subida a Laza.[1] Dende entón disputou numerosas probas en distintas modalidades. En 1988, cun Lancia Delta HF 4WD saíu gañador do I Rally de Terra do Carballiño, unha das probas do Campionato de Galicia de Rallys de Terra, e ao ano seguinte gañou o Rally de Terra Concello de Barbadás. O Lancia Delta quedou calcinado no 2º Rally de Narón, despois de que envorcase cando ía segundo e que comezase a arder tras ser posto de novo sobre as rodas.[4] Correu tamén durante anos o Campionato de Galicia de Rally, logrando algúns podios como o segundo posto no 25º Rally do Lacón ou o terceiro no 1º Rally do Albariño, en ambos casos cun Lancia Delta Integrale.

Ademais competiu asiduamente no Campionato de Galicia de Montaña dende a súa primeira edición, en 1984.[5] En 1995, correndo cun Renault Clio Williams, proclamouse campión do grupo N tanto no galego de montaña,[6] como no Campionato Astur Galaico de Montaña,[7] despois de lograr varias vitorias, como as conseguidas na Subida a Silleda ou na Subida a Almofrei.[8] En 1996 cun Ford Escort Cosworth volveu gañar dentro do grupo N o campionato astur galaico, mentres que quedou subcampión no campionato galego.[9] En 1997 revalidou de novo o título astur galaico do grupo N e rematou tamén campión de dito grupo no campionato galego de montaña, onde ademais acabou segundo na xeral absoluta, só por detrás do Peugeot 306 de Manuel Senra.[10] Na tempada 1998 disputou o Campionato de España de Montaña, rematando o ano como campión do grupo N.[2]

Correu tamén probas do Campionato de España de Rallys e da Copa de España de Rally e nos últimos anos compite como copiloto de José Luis Suárez en probas de montaña.[11]

Presidiu a Escudería Pontevedra e encargouse da organización de varias edicións da Subida a Almofrei.[12]

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 "«Nuestro deporte no tiene edad sobre todo en modalidades como la montaña»". La Voz de Galicia (en castelán). 18 de decembro de 2009. Consultado o 25 de xuño de 2020. 
  2. 2,0 2,1 "Clasificacións nacionais de 1998" (PDF). RFEDA (en castelán). Consultado o 25 de xuño de 2020. 
  3. "Martínez Magdaleno se recupera de un derrame cerebral". La Voz de Galicia (en castelán). 3 de decembro de 2010. Consultado o 25 de xuño de 2020. 
  4. Arévalo (29 de maio de 1989). "En Narón, triunfo de Caamaño y desgracia para Magdaleno.que pasó de ser segundo a ver su coche reducido a cenizas". La Voz de Galicia (en castelán). p. 47. 
  5. "Clasificación del Campeonato Gallego de Montaña". La Voz de Galicia (en castelán) (A Coruña ed.). 8 de setembro de 1984. p. 37. 
  6. "Magdaleno aparcará su Clio por lo que resta de temporada". La Voz de Galicia (en castelán) (Ourense ed.). 7 de setembro de 1995. p. 45. 
  7. "Magdaleno renovó su triunfo en el grupo N del Astur Galaico". La Voz de Galicia (en castelán) (Ourense ed.). 17 de outubro de 1996. p. 53. 
  8. "Magdaleno selló la temporada con otro triunfo en el Grupo N". La Voz de Galicia (en castelán) (Ourense ed.). 19 de outubro de 1995. p. 48. 
  9. "La temporada de montaña fue productiva para Magdaleno, que destacó con su Escort en Galicia y Asturias". La Voz de Galicia (en castelán) (Ourense ed.). 30 de outubro de 1997. p. 49. 
  10. "José Manuel Castro, el mejor piloto lucense en la general final". La Voz de Galicia (en castelán) (Monforte ed.). 26 de novembro de 1997. p. 47. 
  11. "Clasificación Campionato de Galicia de Montaña de 2019" (PDF). FGA. Consultado o 25 de xuño de 2020. 
  12. "Los miles de aficionados que acuden a Almofrei podrán seguir disfrutando de esta prueba al menos un año más". La Voz de Galicia (en castelán) (Pontevedra ed.). 13 de marzo de 1996. p. 45.