Subida a Almofrei

proba automobilística

A Subida a Almofrei foi unha carreira automobilística de montaña, celebrada en Almofrei, no concello de Cotobade (hoxe Cerdedo-Cotobade), de xeito interrompido entre 1970 e 2009. Foi puntuable para o Campionato de Galicia de Montaña e en varias ocasións tamén para o Campionato de España.

Subida a Almofrei
Fundación1970
RexiónAlmofrei
CopaGalicia Campionato de Galicia de Montaña
España Campionato de España de Montaña
Máis laureadoGalicia Camba (5)
OrganizadorEscudería Pontevedra
Escudería Morrazo
Escudería Pontevedra Motor Vigo

Historia editar

A subida naceu en 1970, da man da Escudería Pontevedra, que organizou en febreiro dese ano a primeira edición, da que resultou gañador o coruñés Eusebio Bonjoch, conducindo un Fiat Abarth 1000.[1] Pasaron tres anos ata que en marzo de 1973 se celebrou a segunda edición, na que o triunfador foi o vigués Luis Quinzán, a bordo dun Alpine A110 1470, por diante de Carlos Arrojo.[2] En 1974 a vitoria foi para Humberto Rodríguez, e ao ano seguinte foi Estanislao Reverter o vencedor, conducindo o seu famoso Alpinche.[3] En 1976 gañou o Alpine de Santiago Salido, mentres que en 1977 o pontevedrés Alberto González "Camba" lograba a primeira das súas cinco vitorias na proba, despois de quedar segundo o ano anterior.[4][5]

Tras a edición de 1979 disolveuse a Escudería Pontevedra, polo que a proba deixou de disputarse, ata que en 1982 volveu ser organizada por unha comisión formada polo expresidente da escudaría, Suso Martínez, xunto a Paco Outeda e Corujo.[6] Camba gañou tamén esa edición, así como a do ano seguinte, organizada pola Escudería Morrazo. En 1985 tomou as rendas a renacida Escudería Pontevedra, triunfando o asturiano Víctor Abraham.[7] Despois de anos puntuando para o Campionato de Galicia de Montaña, en 1987 a proba formou parte por primeira vez do calendario do Campionato de España,[8] vencendo Pancho Egozkue, que ademais se proclamou campión de España con ese triunfo.[9] A subida mantívose como proba do nacional durante seis edicións, ata 1992. Tras dous anos sen disputarse, volveu en 1995 para despedirse, debido a que uns cambios no trazado impedirían a realización de máis edicións.[10] Con todo no século XXI celebráronse dúas novas edicións, en 2008 e 2009.

Palmarés editar

Ano Nome Vencedor Vehículo
1970 I Subida a Almofrei   Eusebio Bonjoch Fiat Abarth 1000
1973 II Subida a Almofrei   Luis Quinzán Alpine A110 1470
1974 III Subida a Almofrei   Humberto Rodríguez Seat 1430 1800
1975 IV Subida a Almofrei   Estanislao Reverter Alpinche
1976 V Subida a Almofrei   Santiago Salido Alpine A110 1800
1977 VI Subida a Almofrei   Camba Selex 1800
1978 VII Subida a Almofrei   Joan Llagostera Osella BMW
1979 VIII Subida a Almofrei   Camba Selex 1800
1982 IX Subida a Almofrei   Camba Selex 2000
1983 X Subida a Almofrei   Camba Selex 2000
1985 XI Subida a Almofrei   Víctor Abraham Selex Manso
1986 XII Subida a Almofrei   Camba Selex 2000
1987 XIII Subida a Almofrei   Francisco Egozkue Lola BMW CS
1988 XIV Subida a Almofrei   Francisco Egozkue Osella BMW
1989 XV Subida a Almofrei   Luis Martínez Lola BMW
1990 XVI Subida a Almofrei   Luis Martínez Lola BMW
1991 XVII Subida a Almofrei   Luis Martínez Lola BMW
1992 XVIII Subida a Almofrei   Luis Martínez[11] Lola BMW
1995 XIX Subida a Almofrei   José Santos Osella BMW
2008 XX Subida a Almofrei   Toño Varela Fórmula Outeda
2009 XXI Subida a Almofrei   Benito Varela Dicode FR

Notas editar

  1. "El domingo II Subida a Irijoa". La Voz de Galicia (en castelán). 14 de febreiro de 1970. p. 16. 
  2. "Quinzán, de Vigo, vencedor en la II Subida a Almofrey". La Voz de Galicia (en castelán). 3 de abril de 1973. p. 27. 
  3. "Estanislao Reverter, primero en la IV «Subída al Almofrey»". La Voz de Galicia (en castelán). 1 de abril de 1975. p. 36. 
  4. "V Subida a Almofrei". La Voz de Galicia (en castelán). 21 de abril de 1976. p. 37. 
  5. "Alberto González ganó en Pontevedra". La Voz de Galicia (en castelán). 20 de abril de 1977. p. 37. 
  6. "VIII Subida a Almofrey". La Voz de Galicia (en castelán). 30 de abril de 1982. p. 52. 
  7. "El 28 de abril se celebrará la «XI Subida a Almofrey»". La Voz de Galicia (en castelán). 2 de abril de 1985. p. 38. 
  8. "Juan Fernández participará el próximo día 30 en la «Subida a Almofrey»". La Voz de Galicia (en castelán). 21 de agosto de 1987. p. 31. 
  9. "Egozkue, campeón de España de montaña al vencer en Almnofrey". La Voz de Galicia (en castelán). 31 de agosto de 1987. p. 30. 
  10. Varela, Tino (29 de setembro de 1995). "La Subida a Almofrei de este año decidirá el campeonato autonómico de montaña". La Voz de Galicia (en castelán). p. 44. 
  11. "Última prueba del Nacional de Montaña" (PDF). Mundo Deportivo (en castelán). 24 de novembro de 1992. Consultado o 1 de outubro de 2020.