Carlos Arrojo

empresario e piloto de automobilismo galego

Carlos Arrojo Paredes, nado na Coruña en maio de 1941 e finado na mesma cidade o 29 de outubro do 2000, foi un empresario e piloto de motociclismo e automobilismo galego.

Carlos Arrojo
Nacementomaio de 1941
 A Coruña
Falecemento29 de outubro de 2000
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpiloto de rally, piloto de motociclismo e emprendedor
editar datos en Wikidata ]

Foi un dos pioneiros do automobilismo en Galicia, disputando carreiras de motos dende os anos 50 e de coches dende os 60. Preparaba el mesmo os vehículos cos que corría, destacando o SEAT 600 co que foi o primeiro vencedor en 1970 do Rally de Ferrol, que gañou en dúas ocasións.

TraxectoriaEditar

Inicios no motociclismoEditar

Seu pai, José María Arrojo Aldegunde, adicábase á venda de motocicletas e automóbiles, sendo o distribuidor oficial de SEAT e Vespa na Coruña. Grazas a isto, Carlos Arrojo comezou a competir en 1958 cunha Vespa nas probas de velocidade, resistencia e motocrós que organizaba na Coruña o Moto Club Coruña.[1] En 1961 quedou segundo no Gran Premio da Coruña na categoría de scooters, categoría na que logrou a vitoria nos dous anos seguintes.[2][3] En 1963 gañou o I Campionato Galego de Resistencia na categoría de scooters, mentres que no Gran Premio da Coruña de 1964 competiu en dúas categorías, aparcando a Vespa para competir por primeira vez cunha moto de "roda grande", unha Montesa Impala Sport.[4][5] Resultou vencedor na categoría rexional de 250cc, e quedou quinto na carreira da categoría de 175cc, que constaba de 33 voltas ao novo Circuíto de Riazor e que era puntuable para o Campionato de España.[6] En 1965 venceu cunha Vespa na XVII Volta a Santa Cruz, carreira disputada sobre 74 km.[7]

AutomobilismoEditar

En 1966 pasou a correr con coches, gañando ese mesmo ano o Rally de San Pedro.[8] En agosto participou como copiloto de José Larrea no Rally Rías Baixas e á semana seguinte competiu cun SEAT 600 Conti na I Proba de Velocidade da Coruña, unha das primeiras carreiras exclusivamente de coches celebradas na Coruña.[9] O 600 convertible co que competía nesa época estaba preparado por el mesmo, subíndolle a cilindrada ata os 850 cc.[10] Co seu segundo 600 disputou en 1968 dous rallys do Campionato de España: o Rally de Ourense, onde acabou en sétima posición e primeiro entre os vehículos nacionais,[11] e o Rally Cidade de Oviedo, onde chegou en cuarta posición.[12]

Posteriormente adquiriu un Fiat Abarth 850 TC, coa carrocería dun 600, no que seguiu traballando. Con este vehículo gañou en 1969 no Circuíto de Riazor o Gran Premio da Coruña en categoría de turismos. Tras romper o motor no Rally Rías Baixas, equipou o vehículo cun novo motor de 1600cc, que apenas cabía na parte traseira.[10] Deste xeito gañou en 1970 a primeira edición do Rally de Ferrol, con Julio Orozco como copiloto.[13] Ese mesmo ano correu na terceira edición do Rally de Outono e na Subida ao Barreiro, logrando a vitoria en ambas probas.[14][15] En setembro de 1971 quedou segundo no Rally da Coruña, perdendo por pouco fronte a Santiago Salido,[16] a quen conseguiu bater cunha escasa marxe ao mes seguinte no Rally de Outono, logrando a súa segunda vitoria consecutiva na proba coruñesa.[17] En 1972 volveuse proclamar campión do Rally de Ferrol, co mesmo vehículo.[13]

Durante eses anos competiu tamén ocasionalmente cun SEAT 127, co que quedou segundo por detrás de Salido no Rally de Outono de 1972 e venceu na Subida á Espenuca do mesmo ano.[18][19] En 1973 correu principalmente carreiras de montaña, quedando segundo co 600 na segunda edición da Subida a Almofrei,[20] segundo por detrás do Alpinche de Estanislao Reverter na Subida a San Antoniño,[21] cuarto na Subida a Castro de Beiro, do Campionato de España,[22] e primeiro na II Subida a Cotorredondo.[23][24] Ademais disputou o Rally Rías Baixas, rematando sexto,[25] e o Rally de Ourense, onde quedou sétimo co 127.[26] En 1974 continuou cos bos resultados do 600, vencendo na IV Subida a Caaveiro e na Subida ao Barreiro,[27] e sendo segundo na Subida a Almofrei e no Rally Fernando Lobón.[28][29] En 1975 participou na primeira edición do Campionato de Galicia de Automobilismo. Subiu ao podio no Rally do Lacón no segundo lugar, por detrás de Manolo Sanjurjo[30] e quedou terceiro na Subida a Almofrei (por detrás de Reverter e Luis Quinzán)[31][32] e no Rally Fernando Lobón. Ademais quedou sexto na Subida a Chantada.[33] Rematou o campionato en cuarta posición, por detrás de "Ventura", Salido e Sanjurjo.[34]

En 1976 repetiu terceiro posto en Almofrei e quedou segundo na Subida á Coruña e oitavo na Subida a Castro de Beiro.[35][36] Logo participou na Subida á Estrada, onde conseguiu colocar o seu 600 no segundo lugar do podio, só por detrás do fórmula de Luis Quinzán e por diante do Alpine de Salido e do Seat 1430 de Peitos.[37] En 1977 quedou cuarto na Subida ao Barreiro[38] e na Subida ao Vilardón[39] e noveno na Subida á Saleta.[40] O ano 1978 foi o último no que competiu, aínda co 600, co que aínda conseguiu quedar segundo na Subida a Almofrei,[41] cuarto na Subida a San Antoniño,[42] cuarto no Rally Rías Baixas[43] e segundo no primeiro Rally San Froilán.[44]

Deixou a competición despois de casar en 1979, centrándose dende entón no concesionario fundado por seu pai en Perillo.[1] Faleceu no ano 2000.

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 Pereira Revuelta, Nonito (2 de xuño de 2016). "Carlos Arrojo Paredes: Hombre del “600” en A Coruña (DEP)" (en castelán). Consultado o 2 de setembro de 2020. 
  2. "Ramiro Blanco, Minuto II, Minuto I y Carlos Arrojo vencedores del IX premio La Coruña". La Noche (en castelán). 16 de agosto de 1963. p. 8. Consultado o 2 de setembro de 2020. 
  3. "Triunfo del lucense Minuto I en una prueba regional del Gran Premio de La Coruña". El Progreso (en castelán). 16 de agosto de 1962. p. 6. Consultado o 2 de setembro de 2020. 
  4. "Gran Premio de La Coruña, categoría hasta 250 cc". La Voz de Galicia (en castelán). 18 de agosto de 1964. p. 5. 
  5. "Habla Carlos Arrojo, vencedor de la categoría regional de motociclismo". La Noche (en castelán). 19 de agosto de 1964. Consultado o 2 de setembro de 2020. 
  6. "Ramón Torras venció en el Gran Premio de La Coruña". La Noche (en castelán). 17 de agosto de 1964. Consultado o 2 de setembro de 2020. 
  7. "Carlos Arrojo vencedor de la XVII Vuelta a Santa Cruz". La Noche (en castelán). 20 de marzo de 1965. p. 9. Consultado o 2 de setembro de 2020. 
  8. "Carlos Arrojo, vencedor del Rally de San Pedro". La Voz de Galicia (en castelán) (A Coruña ed.). 30 de xuño de 1966. p. 9. 
  9. "I Prueba de velocidad, en La Coruña". La Noche (en castelán). 27 de agosto de 1966. p. 12. Consultado o 2 de setembro de 2020. 
  10. 10,0 10,1 "Carlos Arrojo sabía poner el coche a su gusto y sacarle el máximo" (en castelán). 21 de maio de 2015. Consultado o 2 de setembro de 2020. 
  11. "Clasificación final do Rally de Ourense de 1968" (PDF). www.rallyeourense.es. Consultado o 2 de setembro de 2020. 
  12. "Palmarés do Rally Princesa de Asturias". rallyprincesahistorico.com. Consultado o 2 de setembro de 2020. 
  13. 13,0 13,1 "Palmarés do Rally de Ferrol" (PDF). www.rallyeferrol.com. Consultado o 2 de setembro de 2020. 
  14. "Carlos Arrojo y Manuel Mantilán vencieron en el «III Rally de Otoño»". La Voz de Galicia (en castelán) (A Coruña ed.). 1 de decembro de 1970. p. 24. 
  15. "Carlos Arrojo, con Fiat, ganó la I Subida a Barreiro". La Voz de Galicia (en castelán) (A Coruña ed.). 17 de marzo de 1970. p. 25. 
  16. "Triunfos de Santiago Salido y la Orense en el VI Rally de la Escudería Coruña". La Voz de Galicia (en castelán) (A Coruña ed.). 14 de setembro de 1971. p. 24. 
  17. "Emoción en el V Rallye de Otoño". La Voz de Galicia (en castelán) (A Coruña ed.). 19 de outubro de 1971. p. 27. 
  18. "Victoria de Santiago Salido en el V Rally de Otoño". La Voz de Galicia (en castelán) (A Coruña ed.). 17 de outubro de 1972. p. 22. 
  19. "Carlos Arrojo vencedor en la Subida a la Espenuca". La Voz de Galicia (en castelán) (A Coruña ed.). 29 de novembro de 1973. p. 28. 
  20. "Quinzán, de Vigo, vencedor en la «II Subida a Almofrey»". La Voz de Galicia (en castelán) (A Coruña ed.). 3 de abril de 1973. p. 27. 
  21. "Reverter, triunfador". El Pueblo Gallego (en castelán). 1 de maio de 1973. p. 18. Consultado o 2 de setembro de 2020. 
  22. "El madrileño Luciano Otero triunfó en la Subida a Castro de Beiro". El Pueblo Gallego (en castelán). 29 de maio de 1973. p. 12. Consultado o 2 de setembro de 2020. 
  23. "La seguda subida a Cotorredondo". El Pueblo Gallego (en castelán). 12 de xuño de 1973. p. 14. Consultado o 2 de setembro de 2020. 
  24. "Carlos Arrojo, vencedor en la Subida a Cotorredondo". La Voz de Galicia (en castelán) (A Coruña ed.). 12 de xuño de 1973. p. 27. 
  25. "Clasificación general extraordinaria". El Pueblo Gallego (en castelán). 11 de agosto de 1973. p. 11. Consultado o 2 de setembro de 2020. 
  26. "Clasificación Rally de Ourense de 1973" (PDF). www.rallyeourense.es. Consultado o 25 de setembro de 2020. 
  27. "Carlos Arrrojo vencedor en la IV Subida a Caaveiro". La Voz de Galicia (en castelán) (A Coruña ed.). 3 de setembro de 1974. p. 37. 
  28. "Rodríguez Prado ganó la III edición de la Subida a Almofrey". El Pueblo Gallego (en castelán). 3 de abril de 1974. p. 16. Consultado o 2 de setembro de 2020. 
  29. "Santiago Salido, vencedor del III Rally Fernando Lobón". La Voz de Galicia (en castelán) (A Coruña ed.). 19 de marzo de 1974. p. 33. 
  30. "Sanjurjo, de Vigo, vencedor del IX Rally do Lacón". La Voz de Galicia (en castelán) (A Coruña ed.). 6 de maio de 1975. p. 6. 
  31. "Estanislao Reverter, primero en la IV Subida al Almofrey". La Voz de Galicia (en castelán) (A Coruña ed.). 1 de abril de 1975. p. 36. 
  32. "Reverter, brillante vencedor". El Pueblo Gallego (en castelán). 1 de abril de 1975. p. 15. Consultado o 2 de setembro de 2020. 
  33. "Giannone vencedor". El Pueblo Gallego (en castelán). 26 de agosto de 1975. p. 21. Consultado o 2 de setembro de 2020. 
  34. "El orensano Freire, vencedor del Campeonato de Galicia de Automovilismo". La Voz de Galicia (en castelán) (A Coruña ed.). 2 de decembro de 1975. p. 36. 
  35. "Salido, vencedor". El Pueblo Gallego (en castelán). 20 de abril de 1976. p. 22. Consultado o 2 de setembro de 2020. 
  36. "¡Ole don Juan Fernández!". El Pueblo Gallego (en castelán). 9 de xuño de 1976. p. 21. Consultado o 2 de setembro de 2020. 
  37. "Primer triunfo del fórmula 1800 de Quinzán". El Pueblo Gallego (en castelán). 4 de xullo de 1976. p. 25. Consultado o 2 de setembro de 2020. 
  38. "González de Nicolás se ajudicó la Subida al Barreiro". El Pueblo Gallego (en castelán). 9 de marzo de 1977. p. 22. Consultado o 2 de setembro de 2020. 
  39. "Automovilismo: Otra vez Camba". El Pueblo Gallego (en castelán). 14 de outubro de 1977. p. 18. Consultado o 2 de setembro de 2020. 
  40. "Soberbio Ventura (Ford Escort)". El Pueblo Gallego (en castelán). 21 de setembro de 1977. p. 21. Consultado o 2 de setembro de 2020. 
  41. "Llagostera, lo máximo". El Pueblo Gallego (en castelán). 19 de abril de 1978. p. 19. Consultado o 2 de setembro de 2020. 
  42. "Camba arrasó". El Pueblo Gallego (en castelán). 4 de xullo de 1977. p. 19. Consultado o 2 de setembro de 2020. 
  43. "Clasificación Rias Baixas 1978". El Pueblo Gallego (en castelán). 12 de abril de 1978. Consultado o 2 de setembro de 2020. 
  44. "Oanes ganó el Rally de San Froilán". El Pueblo Gallego (en castelán). 10 de outubro de 1978. p. 20. Consultado o 2 de setembro de 2020. 

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar