Campionato Galego de Automobilismo

campionato de motor

O Campionato Galego de Automobilismo foi un campionato celebrado en Galicia dende 1975, que combinaba probas de rally con carreiras de montaña.

Campionato Galego de Automobilismo
Fundación1975
RexiónGalicia
OrganizadorFederación Galega de Automobilismo

Historia editar

Creouse en 1975 por iniciativa de Estanislao Reverter, Javier García Sánchez e Gonzalo Belay, que levaban tempo tentando crear un campionato galego que combinase rallys con subidas.[1] Entre os tres crearon o regulamento e deron forma ao campionato e este foi aprobado posteriormente pola Federación Galega e a Federación Española.[2] A primeira edición constou de oito rallys e 16 subidas e comezou co Rally dos Pazos, na Coruña, proba que foi gañada polo propio Reverter a bordo do histórico Alpinche.[2][3] Para puntuar na clasificación final, cada piloto debía ter conseguido polo menos dous resultados en rallys e tres en subidas, contándose finalmente os resultados dos tres mellores rallys e as cinco mellores subidas.

Palmarés editar

Ano Piloto Automóbil
1975   Antonio Freire "Ventura"[4] Seat 1430 - 1800
1976   Beny Fernández[5] BMW 2002 TI
1977   Antonio Freire "Ventura"[4] Ford Escort
1978   Pío Alonso Ford Escort
1979   Celestino Pardo Seat 124 1800
1980   Carlos Piñeiro[6] Seat 124 2100

Notas editar

  1. "Primer campeonato gallego". La Voz de Galicia (en castelán). 16 de xaneiro de 1975. p. 41. 
  2. 2,0 2,1 Martínez Moratinos, M. (4 de febreiro de 1975). "En marcha el Campeonato Gallego". La Voz de Galicia (en castelán). p. 23. 
  3. "Ganó Reverter". La Voz de Galicia (en castelán). 11 de febreiro de 1975. p. 37. 
  4. 4,0 4,1 Martínez Piñeiro, Jesús (2020). 50 Ediciones del rallye de Ferrol (1970-2019). ISBN 978-84-09-21316-0. 
  5. "Antonio Freire ganó el Rally San Martín". La Voz de Galicia (en castelán). 22 de decembro de 1976. p. 41. 
  6. "Automovilismo: Los pilotos de la escudería Ferrol ganaron todos los premios, salvo el de montaña en 1980". La Voz de Galicia (en castelán). 9 de xaneiro de 1981. p. 26.