José Larrea Pérez

doutor e piloto de automobilismo galego
(Redirección desde «José Larrea»)

José Larrea Pérez, nado c. 1920 e finado o 3 de maio de 1973 en Villalpando (Zamora), foi un doutor e piloto de automobilismo galego.

Infotaula de personaJosé Larrea Pérez
Biografía
Nacemento1920 Editar o valor em Wikidata
Morte3 de maio de 1973 Editar o valor em Wikidata (52/53 anos)
Villalpando, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmédico , piloto de automobilismo Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Deporteautomobilismo Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Traballou como doutor e director no Sanatorio Riazor, que el mesmo fundou en 1946 na Coruña.[1][2]

Foi un dos principais impulsores do automobilismo na Coruña, participando na organización das primeiras carreiras deste tipo celebradas na cidade, inmediatamente despois de fundar en 1966 a Escudería Centollo.[3][4] Competiu tamén como piloto e foi director do Gran Premio da Coruña e das primeiras edicións do Rally da Coruña.[5] En 1972 abandonou a presidencia da escudaría para deixar paso a xente máis nova.[6]

Faleceu nun accidente de tráfico en Villalpando, na provincia de Zamora, o 3 de maio de 1973 aos 53 anos de idade, xunto a unha sobriña de 16 anos.[7]

Notas editar

  1. "Sanatorio Riazor". La Voz de Galicia (en castelán) (A Coruña ed.). 22 de xuño de 1946. p. 2. 
  2. "El antiguo sanatorio de Riazor". La Voz de Galicia (en castelán). 25 de abril de 2007. Consultado o 25 de setembro de 2020. 
  3. Chas (28 de maio de 1966). "Mañana, Rallye Automovilista, en la Coruña". La Noche (en castelán). p. 5. Consultado o 25 de setembro de 2020. 
  4. "Con el Presidente de la Escudería Automovilística Centollo". La Noche (en castelán). 22 de febreiro de 1967. p. 10. Consultado o 25 de setembro de 2020. 
  5. "Eladio Doncel, de la Escudería Repsol, triunfador". El Pueblo Gallego (en castelán). 11 de agosto de 1970. Consultado o 25 de setembro de 2020. 
  6. "El doctor Larrea, presidente de honor y mérito del Moto Club Coruña y de la Escudería Centollo". La Voz de Galicia (en castelán). 5 de maio de 1973. p. 7. 
  7. "Don José Larrea, muerto en accidente de tráfico en Villalpando". La Voz de Galicia (en castelán). 4 de maio de 1973. p. 16. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar