José Antonio Rodríguez Estévez

piloto galego de rally
(Redirección desde «Peitos»)

José Antonio Rodríguez Estévez, alcumado "Peitos", nado en Ourense, é un expiloto galego de rally.

Infotaula de personaJosé Antonio Rodríguez Estévez

Editar o valor em Wikidata
Biografía
NacementoOurense Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Outros nomesPeitos Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpiloto de rally Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
DeporteRally Editar o valor em Wikidata

Foi un dos principais pilotos galegos dos anos 70 e 80, logrando varias vitorias no Campionato de España e no Campionato de Galicia, do que foi subcampión en 1982 e 1983. Foi o último ourensán en gañar o Rally de Ourense, en 1982.

Traxectoria editar

Inicios editar

Naceu no ourensán barrio do Couto e estudou en varios colexios, sendo expulsado en varias ocasións. Mentres facía o servizo militar, destinado en Ourense, mercou o seu primeiro coche, un Alpine. Con este vehículo disputou a súa primeira competición, a Subida a Pereiro de Aguiar, pero non foi ata catro anos despois que comezou a competir con asiduidade.[1][2] En 1976 gañou o Rally da Coruña, conducindo un Seat 1430 e con Antonio Colemán como copiloto. Disputou varias probas máis ese ano como o Rally San Martiño,[3] a Subida á Estrada[4] ou a Subida á Saleta, onde rematou terceiro por detrás de Beny Fernández e Antonio Freire "Ventura".[5]

En 1977 disputou numerosas probas logrando bos resultados, como o terceiro posto na Subida a Manzaneda,[6] terceiro no Rally dos Pazos,[7] a vitoria entre os carrozados na Subida ao Barreiro,[8] e na Subida ao Aloia[9] ou o cuarto posto no Rally de Ferrol, con Pérez de copiloto.[10] Correu tamén con Pérez e co Seat 1430 o Rally de Ourense, rematando en sexta posición. Tería sido cuarto se non fora por unha penalización de medio minuto por arrincar un pouco antes de tempo nun dos treitos.[11] Na seguinte tempada quedou segundo xunto a Colemán no Rally do Lacón, por detrás de Pío Alonso,[12] cuarto no primeiro Rally San Froilán[13] e logrou a terceira posición na Subida a Almofrei,[14] mentres que sufriu abandonos no Rally San Telmo,[15] no Rally de Ourense[16] e no Rally Rías Baixas.[17] Rematou en quinta posición na clasificación final do Campionato de Galicia de Automobilismo.[18]

En 1979, sobre un Seat 124, quedou segundo no Rally do Lacón,[19] repetindo o resultado do ano anterior, e na edición de 1981, xa co Ford Escort RS 1600 MKI, quedou segundo de novo, nas dúas últimas ocasións por detrás de Carlos Piñeiro. Tamén en 1981 quedou segundo no Rally de Ferrol, cuarto no Rally de Ourense,[20] e tivo que abandonar no Rías Baixas, despois de ser o único piloto capaz de gañarlle nun treito a Beny Fernández, que foi o máis rápido en todos os demais,[21] e tamén no Rally da Coruña.[22] Pechou a tempada coa vitoria no Rally San Martiño,[23] coa que rematou en terceira posición no Campionato de Galicia de Rally, por detrás de Carlos Piñeiro e Luis Barrio. Tamén disputou varias subidas de montaña, destacando o segundo lugar entre os turismos na Subida ás Pontes[24] e o primeiro na Subida a San Antoniño.[25]

Subcampión de Galicia editar

Na tempada 1982 non se presentou á primeira proba, o Rally dos Pazos, mentres que tivo que abandonar na segunda, o Rally do Condado.[26] A continuación logrou a vitoria no Rally do Lacón, tras un duro duelo con Carlos Piñeiro.[27] O mesmo duelo repetiuse no 13º Rally de Ferrol ata o abandono de Peitos nunha saída da estrada durante o treito Somozas-Moeche.[28] En xuño disputou o Rally de Ourense con Paco Facas de copiloto, logrando a vitoria por diante de Piñeiro e Cleherc II, e aproveitando os abandonos de Beny Fernández e Marc Etchebers.[29] Foi o último ourensán que conseguiu gañar dito rally. A continuación quedou cuarto no Rías Baixas,[30] e abandonou no San Froilán[31] e na Coruña. Por último venceu no I Rally de Porriño,[32] rematando a tempada como subcampión galego, por detrás de Piñeiro.[33] Participou tamén ese ano en rallys do Campionato de España, sufrindo un abandono no Critérium de La Rioja e subindo ao podio en terceira posición no Critérium Luis de Baviera de Madrid.

En 1983 comezou competindo cun Porsche 911, co que gañou por segunda vez consecutiva o Rally do Lacón,[34] quedou segundo no Rally de Ourense[35] e venceu no Critérium Mora Renault da Coruña.[36] A continuación gañou o 14º Rally de Ferrol,[37] utilizando un Renault 5 Turbo que xa estreara un mes antes na Subida a Chantada, onde quedara 14º.[38] Coa vitoria en Ferrol foi proclamado por algúns medios de comunicación como novo campión galego.[37] Con todo, esta información era incorrecta. A continuación sufriu dous abandonos, no Rally Rías Baixas e no San Froilán, a pesar do cal a prensa volveuno proclamar erroneamente como campión galego.[39] Finalmente non participou na derradeira proba da tempada, o Rally da Coruña, onde a vitoria foi para Luis Barrio, que deste xeito logrou o título de campión de Galicia con 520 puntos, por diante dos 480 de Peitos, subcampión por segundo ano consecutivo.[40][41]

Alfa Romeo editar

Adquiriu un Alfa Romeo Alfetta GTV6, que estreou no Rali Sopete de 1985, en Portugal, con resultado de abandono. A continuación quedou sexto na primeira edición do Rally Botafumeiro, logrou o terceiro posto no Rally do Lacón,[42] abandonou en Ourense e quedou segundo en Ferrol. En novembro gañou o 15º Rally da Coruña e en decembro abandonou no Rally de Pontevedra.[43] Rematou a tempada do campionato galego en novena posición.[44]

 
Peitos no Rally de Galicia Histórico de 2012.

En 1986 correu de novo co Alfa, co que abandonou no 2º Rally Botafumeiro, pero co que logrou a súa terceira vitoria no Rally do Lacón, esta vez con Marquina como copiloto.[45] Sufriu varios abandonos máis durante a tempada e rematou cuarto no Rally de Ourense, puntuable para a Copa de España.[46] Na seguinte edición do rally ourensán volveu subir ao podio, na terceira posición por detrás de Marc Etchebers e Carlos Piñeiro.[47]

Citroën AX Sport e retirada editar

Despois de máis de dous anos sen competir reapareceu para disputar cun Citroën AX Sport preparado por Chumbo a tempada 1989 do Campionato de Galicia, encadrado dentro da Copa Citroën. Comezou no Rally do Lacón, onde quedou quinto, sendo segundo entre os Citroën, por detrás de Arturo Rial.[48] En xuño abandonou no Rally de Ourense e en xullo foi o primeiro entre os Citroën e cuarto na xeral no Rally Cidade de Cristal, onde mantivo un duelo nocturno con Sergio Vallejo nos treitos finais, despois de sufrir unha saída de pista no tramo Campolongo-Doroña, e estar a piques de ser alcanzado polo piloto lucense.[49] Con todo, o vencedor final da Copa Citroën foi Rial.

Na tempada 1990, de novo co Citroën AX Sport, logrou mellores resultados (4º no Botafumeiro, 5º no Rías Baixas, 6º no Cidade de Cristal e 4º no San Froilán) e proclamouse vencedor da Challenge Citroën, quedando ademais terceiro na clasificación absoluta, a só 60 puntos do subcampión, Antonio Garrido, aínda que a máis de 300 do vencedor, Germán Castrillón.[50] Ademais rematou a Copa de España de Rally en sexta posición.[51] Ao ano seguinte competiu no Rally do Lacón, onde tivo que abandonar despois de romper,[52] e a continuación retirouse dos rallys. Con todo, reapareceu para disputar o Rally do Lacón de 1998, onde conduciu un Seat 124 Burgueño,[53] e en 2011 e 2012 correu no Campionato de España de Rally para Vehículos Históricos,[54] cos antigos Ford Escort reconstruídos por Chumbo (o seu mecánico daquela época e dono dos coches), mais sen conseguir finalizar ningún rally.[2]

Notas editar

  1. Cachalvite, Andrés H. (2 de xullo de 2015). "José Antonio Rodríguez 'Peitos': El corredor indomable". La Región (en castelán). Consultado o 6 de xuño de 2020. 
  2. 2,0 2,1 Rodríguez, Maite (5 de maio de 2019). "Peitos: «Si corro en un rali es con el Escort de Chumbo»". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 6 de xuño de 2020. 
  3. "Rallye San Martín". El Pueblo Gallego (en castelán). 21 de decembro de 1976. Consultado o 6 de xuño de 2020. 
  4. "Primer triunfo del Fórmula 1.800 de Quinzán". El Pueblo Gallego (en castelán). 4 de xullo de 1976. p. 25. Consultado o 6 de xuño de 2020. 
  5. "La provincia". El Pueblo Gallego (en castelán). 14 de setembro de 1976. Consultado o 6 de xuño de 2020. 
  6. "Victoria de Beni". El Pueblo Gallego (en castelán). 10 de febreiro de 1977. p. 22. Consultado o 7 de xuño de 2020. 
  7. "III Rally de los Pazos: Antonio Freire vencedor". La Voz de Galicia (en castelán). 22 de febreiro de 1977. p. 37. 
  8. "Fernando González, con un F-1800, ganó la VII SUbida al Barreiro". La Voz de Galicia (en castelán). 8 de marzo de 1977. p. 40. 
  9. "Subida al Aloya: de nuevo Alberto González". El Pueblo Gallego (en castelán). 12 de xullo de 1977. p. 20. Consultado o 7 de xuño de 2020. 
  10. "Dominio total de Beni". El Pueblo Gallego (en castelán). 16 de agosto de 1977. p. 21. Consultado o 7 de xuño de 2020. 
  11. "Beny le pudo a su suerte". El Pueblo Gallego (en castelán). 29 de xuño de 1977. p. 21. Consultado o 7 de xuño de 2020. 
  12. "Pío Alonso y su verdad". El Pueblo Gallego (en castelán). 20 de xullo de 1978. p. 21. Consultado o 7 de xuño de 2020. 
  13. "Rally de San Froilán". La Voz de Galicia (en castelán). 11 de outubro de 1978. p. 35. 
  14. "Llagostera, lo máximo". El Pueblo Gallego (en castelán). 19 de abril de 1978. p. 19. Consultado o 7 de xuño de 2020. 
  15. "Camba, el más "tuerca"". El Pueblo Gallego (en castelán). 12 de abril de 1978. p. 18. Consultado o 7 de xuño de 2020. 
  16. "XI Rallye de Orense". El Pueblo Gallego (en castelán). 28 de xuño de 1978. p. 20. Consultado o 7 de xuño de 2020. 
  17. "Cid, por méritos propios". El Pueblo Gallego (en castelán). 8 de agosto de 1978. p. 20. Consultado o 7 de xuño de 2020. 
  18. "Pío Alonso campeón gallego de 1978". La Voz de Galicia (en castelán). 2 de febreiro de 1979. p. 38. 
  19. "En el «Rally do Lacón» Carlos Piñeiro". La Voz de Galicia (en castelán). 22 de maio de 1979. p. 40. 
  20. "Beny Fernández se adjudicó el XIV Rally de Orense". La Voz de Galicia (en castelán). 30 de xuño de 1981. 
  21. "En el Rías Bajas sólo Peitos superó a Beny Fernández en uno de los tramos de velocidad". La Voz de Galicia (en castelán). 14 de agosto de 1981. 
  22. "Miguel Martínez repitió su triunfo del pasado año. Peitos, Piñeiro y Barrio abandonaron la prueba". La Voz de Galicia (en castelán). 13 de novembro de 1981. 
  23. "Con tiempo infernal, Peitos ganó el «Rally San Martiño»". La Voz de Galicia (en castelán). 29 de decembro de 1981. p. 37. 
  24. "Subida ás Pontes: Pedro Román se impuso en fórmulas, en turismos gran duelo entre Barrios y Peitos". La Voz de Galicia (en castelán). 24 de xullo de 1981. 
  25. "Camba repitió triunfo en San Antoniño". La Voz de Galicia (en castelán). 29 de outubro de 1981. p. 37. 
  26. "Nueva victoria de Carlos Piñeiro en ei «Rally do Condado»". La Voz de Galicia (en castelán). 23 de abril de 1982. p. 52. 
  27. "Un despiste de Piñeiro propició el triunfo de Peitos en Carballiño". La Voz de Galicia (en castelán). 18 de maio de 1982. p. 31. 
  28. "Con un tiempo infernal Piñeiro ganó holgadamente el «Rally de Ferrol»". La Voz de Galicia (en castelán). 12 de xuño de 1982. p. 37. 
  29. "«Peitos» ganó el «Rally de Orense», tras los abandonos de Beny y Etchebers". La Voz de Galicia (en castelán). 21 de xuño de 1982. p. 41. 
  30. "Beny Fernández triunfó en el «Rías Bajas»". La Voz de Galicia (en castelán). 9 de agosto de 1982. p. 26. 
  31. "Martínez ganó el Rally de San Froilán". La Voz de Galicia (en castelán). 4 de outubro de 1982. p. 30. 
  32. "El «Rally de Porriño», para Peitos y Salgueiro". La Voz de Galicia (en castelán). 29 de novembro de 1982. p. 29. 
  33. "Anulado el Rally San Martín". La Voz de Galicia (en castelán). 24 de decembro de 1982. p. 61. 
  34. "Peitos, polémico vencedor del «Rally do lacón»". La Voz de Galicia (en castelán). 21 de maio de 1983. p. 53. 
  35. "El coruñés Piñeiro, vencedor del «Rally Internacional» de Orense". La Voz de Galicia (en castelán). 6 de xuño de 1983. p. 39. 
  36. "El orensano Peitos se adjudicó el «Rally Renault»". La Voz de Galicia (en castelán). 25 de xullo de 1983. p. 21. 
  37. 37,0 37,1 "Peitos ganó con comodidad el Rally de Ferrol y se proclama campeón gallego". La Voz de Galicia (en castelán). 22 de agosto de 1983. p. 23. 
  38. "Juan Fernández, con su «Lola-BMW» batió el récord de la «Subida a Chantada»". La Voz de Galicia (en castelán). 11 de xullo de 1983. p. 34. 
  39. "Peitos, campeón gallego". La Voz de Galicia (en castelán). 10 de outubro de 1983. p. 29. 
  40. "Luis Barrio Doel se proclama campeón gallego de rallys 83". La Voz de Galicia (en castelán). 14 de novembro de 1983. p. 29. 
  41. "Barrio: «Peitos tuvo mucha prisa en proclamarse campeón gallego»". La Voz de Galicia (en castelán). 19 de novembro de 1983. p. 41. 
  42. "Piñeiro, vencedor en Carballiño". La Voz de Galicia (en castelán). 13 de maio de 1985. p. 50. 
  43. "Gallardo se adjudicó el rally de Pontevedra y Pereira ganó el campeonato gallego «Panda»". La Voz de Galicia (en castelán). 9 de decembro de 1985. p. 30. 
  44. "Primer título de José Mora". La Voz de Galicia (en castelán). 12 de decembro de 1985. p. 45. 
  45. "Peitos, vencedor del rally do lacón". La Voz de Galicia (en castelán). 5 de maio de 1986. p. 26. 
  46. "Cómodo triunfo de Etchebers en el rally de Orense, con Mora de tercero". La Voz de Galicia (en castelán). 9 de xuño de 1986. 
  47. "Marc Echebers-Pablo Iglesias dominaron en el Rally de Orense de principio a fin". La Voz de Galicia (en castelán). 15 de xuño de 1986. p. 43. 
  48. "El Rally do Lacón acabó en un codo a codo entre Cleherc y Piñeiro". La Voz de Galicia (en castelán). 22 de maio de 1989. p. 44. 
  49. "La pugna por la victoria en el Rally Ciudad de Cristal se decidió al final en favor del joven piloto asturiano Daniel Alonso". La Voz de Galicia (en castelán). 31 de xullo de 1989. p. 30. 
  50. "Etchebers y Castrillón, campeón gallego, se disputarán la victoria en el Rally de Ferrol". La Voz de Galicia (en castelán). 29 de novembro de 1990. p. 48. 
  51. "Clasificacións nacionais de 1990" (PDF). RFEDA (en castelán). Consultado o 29 de setembro de 2020. 
  52. "Castrillón, que ganó el Rally do Lacón, sigue arrasando en el campeonato gallego". La Voz de Galicia (en castelán). 19 de maio de 1991. p. 53. 
  53. "Paz se acomodó en la historia del Lacón y lideró la representación local". La Voz de Galicia (en castelán). 27 de outubro de 1998. 
  54. "Peitos vuelve a escena". La Región (en castelán). 21 de maio de 2011. Consultado o 9 de xuño de 2020. 

Véxase tamén editar