Abrir o menú principal

Coordenadas: 43°22′44″N 08°08′16″O / 43.37889, -8.13778

Doroña
Igrexa de Santa María de Doroña, Vilarmaior.jpg
Igrexa de Santa María de Doroña.
ConcelloVilarmaior
Poboación312 hab. (2017)
Entidades de poboación27

Santa María de Doroña é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Vilarmaior na comarca de Betanzos. Segundo o IGE en 2010 tiña 325 habitantes (167 mulleres e 158 homes) distribuídos en 24 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999, cando tiña 363 habitantes.

Índice

PatrimonioEditar

A igrexa parroquial é un templo románico do século XII. Ten unha nave de planta rectangular con ábsida semicircular. A fachada principal está protexida por un pórtico cuberto, con columnas a ambos lados e un tímpano onde aparece un Agnus Dei enmarcado nun arco de medio punto lixeiramente apuntado. Sobre o tellado, no lado da epístola, hai unha espadana.

Galería de imaxesEditar

Lugares e parroquiasEditar

Véxase taménEditar