Rally de Galicia Histórico

O Rally de Galicia Histórico foi unha proba de rally de vehículos históricos que se disputou anualmente na localidade de Melide e arredores de 2009 a 2012. Estaba organizada pola Escudería Melide MotorSport e era puntuable para o Campionato de España de Rally para Vehículos Históricos tanto na modalidade de velocidade como na de regularidade.

Rally de Galicia Histórico
Saída da proba na praza do Obradoiro durante a edición de 2012.
Fundación2009
Desaparición2012
RexiónTerra de Melide
CopaCampionato de España de Rally para Vehículos Históricos
Máis laureadoGalicia Jesús Ferreiro (4)
OrganizadorEscudería Melide MotorSport

O vencedor das catro edicións disputadas foi o piloto melidense Jesús Ferreiro.

Historia editar

2009 editar

A Escudería Melide MotorSport organizou a primeira edición en 2009, que discorría polos concellos de Melide, Sobrado, Santiso e Toques.[1] Inscribíronse 41 pilotos, entre os que destacaban o campión de Europa e nove veces campión de España Antonio Zanini, Antonio Sainz, irmán de Carlos Sainz, ou Jesús Ferreiro, campión de España de históricos en 2007 e nado en Melide. Ernesto Rumbo conduciu o coche 000, con Luís Moya de copiloto, mentres que Zanini e Pedro García conducían o 00 e Txus Jaio o coche 0.[2] Finalmente Jesús Ferreiro, xunto co seu copiloto Roberto Lorenzo e conducindo un Ford Escort MK1, foi o gañador final do rally, seguido por Manuel Muniente e con Sainz terceiro.[3]

2010 editar

Na segunda edición do rally, en setembro de 2010, destacaban as presenzas de Sergio Vallejo a bordo dun Ford Escort RS 2000 MK1, Antonio Sainz nun Ford Escort RRS ou o exfutbolista Santiago Cañizares cun Alpine A-110. Pero a vitoria volveu ser para Jesús Ferreiro, quen debido aos problemas dos seus rivais, rematou con case cinco minutos de vantaxe sobre o Opel Ascona do segundo, Javier García. Completou o podio Antonio Sainz.[4][5]

2011 editar

 
Porsche 911 de Jesús Ferreiro na edición de 2012.

A edición de 2011 contou entre os inscritos co exministro Miguel Arias Cañete, con Peitos, de novo con Cañizares[6] e con Manuel Senra co seu Peugeot 309 como un dos "coches 0",[7] pero o protagonista volveu ser Ferreiro, que esta vez cun Porsche 911 Carrera RS 3.0 venceu en todos os tramos excepto o último, sacándolle case dous minutos ao asturiano Juanjo Ordiales, segundo, mentres que Antonio Sainz volveu ser terceiro.[8]

2012 editar

 
Alpine A110 de Luis Aragonés, na edición de 2012.

A edición de 2012 foi a que contou cun maior número de pilotos inscritos, 82,[9] e como novidade estableceu a Praza de Obradoiro de Santiago como punto de partida do rally, que incluíu tramos por Visantoña, Melide, Toques, Sobrado e Santiso.[10] Luis Moya volveu copilotar un dos coches 0 e ademais foi nomeado "Presidente de Honra" do rally.[11] A vitoria volveu ser para o Porsche do piloto local, Jesús Ferreiro, que ademais con este triunfo se proclamaba por segunda vez campión de España de vehículos históricos.[12] Antonio Sainz e Juanjo Ordiales acompañaron ao galego no podio.

2013 editar

 
Audi Quattro de Manuel Antonio Gómez, na edición de 2012.

En 2013 o rally suspendeuse debido á falta de apoio financeiro.[13][14]

Palmarés editar

Ano Edición Piloto Copiloto Automóbil Series
2009 1º Rally de Galicia Jesús Ferreiro[15] Roberto Lorenzo Ford Escort MK1 ESP
2010 2º Rally de Galicia Jesús Ferreiro[16] Martín Segade Ford Escort RS 2000 MKI ESP
2011 3º Rally de Galicia Jesús Ferreiro[17] Martín Segade Porsche Carrera RS 3.0 ESP
2012 4º Rally de Galicia Jesús Ferreiro[18] Javier Anido Porsche Carrera RS 3.0 ESP
G. Gorroño[19] M. Oleaga Ford Escort RS 2000 MK II
2013 Suspendido ESP

Notas editar

  1. "Cuarenta pilotos participarán en Melide en el primer rali gallego de vehículos históricos". 17 de setembro de 2009. Consultado o 30 de xaneiro de 2020. 
  2. "Ralliyde Galicia Histórico-Camiño de Santiago" (en castelán). Consultado o 30 de xaneiro de 2020. 
  3. "Jesús Ferreiro dominó el Rally de Galicia de vehículos históricos". La Voz de Galicia (en castelán). 21 de setembro de 2009. Consultado o 30 de xaneiro de 2020. 
  4. "Rallye de Galicia Historico 2010" (en castelán). 25 de setembro de 2010. Consultado o 30 de xaneiro de 2020. 
  5. "Triunfo de Jesús Ferreiro en el Rallye Galicia Histórico" (en castelán). 20 de setembro de 2010. Consultado o 30 de xaneiro de 2020. 
  6. "Cañizares y Arias Cañete, en el Rally Galicia Histórico". El Correo Gallego (en castelán). 9 de setembro de 2011. Arquivado dende o orixinal o 03 de xuño de 2020. Consultado o 30 de xaneiro de 2020. 
  7. "Crónica III Rali Galicia Histórico" (en castelán). 21 de setembro de 2011. Consultado o 30 de xaneiro de 2020. 
  8. "Jesús Ferreiro repite en el Rally de Galicia Históricos" (en castelán). 18 de setembro de 2011. Consultado o 30 de xaneiro de 2020. 
  9. "Todo a punto con 82 inscritos – Rally de Galicia Historicos" (en castelán). 20 de setembro de 2012. Consultado o 30 de xaneiro de 2020. 
  10. "El Rali de Galicia saldrá de la plaza del Obradoiro". La Voz de Galicia (en castelán). 8 de setembro de 2019. Consultado o 30 de xaneiro de 2020. 
  11. "El Rali de Galicia saldrá de la plaza del Obradoiro". La Voz de Galicia (en castelán). 8 de setembro de 2012. Consultado o 30 de xaneiro de 2020. 
  12. "Ferreiro gana el Rali de Galicia y el Campeonato de España". La Voz de Galicia (en castelán). 23 de setembro de 2012. Consultado o 30 de xaneiro de 2020. 
  13. Nacho Villarí. "Suspendido el Rallye de Galicia". Arquivado dende o orixinal o 10 de xullo de 2013. Consultado o 8 de xullo de 2013. 
  14. "Melide MotorSport suspende la celebración del Rally de Galicia". La Voz de Galicia (en castelán). 16 de xullo de 2013. Consultado o 30 de xaneiro de 2020. 
  15. 2009.fotomotor.es. "Clasificación final". Arquivado dende o orixinal o 30 de xuño de 2012. Consultado o 6 de novembro de 2012. 
  16. 2010.fotomotor.es. "Clasificación final". Arquivado dende o orixinal o 05 de xullo de 2012. Consultado o 6 de novembro de 2012. 
  17. 2011.fotomotor.es. "Clasificación final". Arquivado dende o orixinal o 17 de xuño de 2013. Consultado o 6 de novembro de 2012. 
  18. www.masrallye.com. "Clasificación Final Oficial" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 15 de setembro de 2019. Consultado o 6 de novembro de 2012. 
  19. www.masrallye.com. "CLASIFICACIÓN FINAL OFICIAL - CAMPEONATO DE ESPAÑA DE RALLYES DE REGULARIDAD" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 15 de setembro de 2019. Consultado o 6 de novembro de 2012. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar