Toques
Coordenadas: 42°58′4.08″N 7°59′17.16″O / 42.9678000, -7.9881000
Toques é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca da Terra de Melide. Segundo o IGE en 2014 tiña 1.248 habitantes (1.387 no 2010, 1.485 no 2006, 1.512 no 2005, 1.530 no 2004, 1.550 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é toquense.
Toques | |
---|---|
Casa do concello. | |
Situación | |
Xentilicio[1] | toquense |
Xeografía | |
Provincia | Provincia da Coruña |
Comarca | Comarca da Terra de Melide |
Poboación | 1.089 hab. (2022)[2][3] |
Área | 77,9 km²[3] |
Densidade | 13,98 hab./km² |
Entidades de poboación | 10 parroquias[4] |
Capital do concello | Souto |
Política (2019[5]) | |
Alcalde | José Ángel Penas (BNG) |
Concelleiros | BNG: 4 PPdeG: 3 PSdeG-PSOE: 2 |
Eleccións municipais en Toques | |
Uso do galego[6] (2011) | |
Galegofalantes | 97,20% |
Na rede | |
toques.es | |
[ editar datos en Wikidata ] |
DemografíaEditar
Censo total 2014 | 1.248 habitantes |
---|---|
Menores de 15 anos | 85 (6.81 %) |
Entre 15 e 64 anos | 759 (60.82 %) |
Maiores de 65 anos | 404 (32.37 %) |

Evolución da poboación de Toques Fontes: INE e IGE. | ||||||||||||||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 | 2021 |
2.940 | 3.131 | 3.264 | 2.454 | 1.530 | 1.405 | 1.343 | 1.302 | 1.265 | 1.248 | {{{13}}} | {{{14}}} | {{{15}}} | {{{16}}} | {{{17}}} | ||
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
XeografíaEditar
O concello, de 77,9 km², abrangue dez parroquias. Limita ao norte co concello de Sobrado a través dos montes de Bocelo, ao suroeste co concello de Melide e ao leste cos concellos de Palas de Rei e Friol a través da serra do Careón e os montes de Corno do Boi.
O río Furelos, afluente do Ulla, percorre o concello de norte a sur desde o nacemento nas brañas do Porto Salgueiro até Furelos, xa no concello de Melide. Entre os seus afluentes están o río da Toca e o río Pequeno ou Montelén.
PatrimonioEditar
A mámoa do Forno dos Mouros é un monumento megalítico ben conservado, situado preto de Muruxosa e rehabilitado en 2009. O castro da Graña é un poboado castrexo, escavado na década de 1990.
A igrexa de Santo Antoniño de Toques é un templo románico do século XII.
O concello está atravesado pola vía primitiva do Camiño de Santiago, que pasa polas parroquias de Vilouriz e Vilamor, uníndose en Melide ao camiño francés.
EconomíaEditar
A economía do concello de Toques céntrase na gandaría vacún e no sector forestal.
Galería de imaxesEditar
- Artigo principal: Galería de imaxes de Toques.
Forno dos Mouros, vista xeral. En primeiro termo o Camiño Real.
ParroquiasEditar
Lugares de ToquesEditar
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Toques vexa: Lugares de Toques.
NotasEditar
- ↑ Véxase no Galizionario.
- ↑ Instituto Nacional de Estadística, ed. (27 de decembro de 2019). "Cifras oficiales de población resultantes de la revisión del Padrón municipal a 1 de enero". Consultado o 2 de xuño de 2020.(en castelán).
- ↑ 3,0 3,1 Instituto Galego de Estatística. (2022) "Toques".Información municipal. Sociedade e poboación. Xunta de Galicia.
- ↑ Nomenclátor de Galicia. Busca directa. Xunta de Galicia
- ↑ Resultados eleccións 2019
- ↑ Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2014.
Fonte: IGE. Datos dispoñibles nas Táboas Dinámicas de Google
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Toques |
Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |