Forno dos Mouros (Toques)

dolmen na Muruxosa (Paradela, Toques)

O Forno dos Mouros é un dolmen datado no 3.000 antes da era actual. Está situado no lugar da Muruxosa (Paradela, Toques), na serra do Bocelo, preto do Camiño Real.[1]

Forno dos Mouros
Ben de Interese Cultural
Vista xeral, en primeiro termo o Camiño Real
Localización
PaísGaliza Galiza
concelloToques
ParroquiaParadela
LocalidadeMuruxosa
Coordenadas43°00′37″N 7°58′53″O / 43.010192, -7.981445
Datos xerais
CategoríaMonumento
ConstruciónPrehistoria -
EstiloMegalitismo
Mapa de localización
Forno dos Mouros en Galicia
Forno dos Mouros
Forno dos Mouros

Accións

editar
 
O dolmen coas vigas antes da súa consolidación.

Foi escavado por Jacobo Vaquero, da Universidade de Santiago de Compostela, entre 1987 e 1989. Ten cámara poligonal composta de sete ortóstatos e corredor de dous tramos. No interior apareceron restos de pintura vermella e negra sobre unha base branca, en forma de zig-zags [2].

No verán de 2009 un equipo do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) estivo a traballar na consolidación do dolmen quitando as vigas de ferro que sostiñan a lousa do teito. Ó mesmo tempo, un equipo da Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia, dirixido por Fernando Carrera, documentou as pinturas e dirixiu o seu tapado. O principal propósito da intervención conxunta era a mellora das condicións de conservación do monumento, especialmente para garantir a preservación futura das pinturas.

Foi declarado Ben de Interese Cultural en 2011[3].

Galería de imaxes

editar
  1. O campaneiforme cordado de Forno dos Mouros (Toques, A Coruña). Cuadernos de Estudios Gallegos.
  2. Forno dos Mouros na páxina web colaborativa Patrimonio Galego.
  3. Xunta de Galicia (13 de decembro de 2016). "Bens de Interese Cultural (BIC)". abert@s. Arquivado dende o orixinal (csv) o 26 de marzo de 2019. Consultado o 26 de marzo de 2019. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar