José Ángel Penas

político galego

José Ángel Penas García, nado en Toques en 1980, é un político galego do BNG.

Infotaula de personaJosé Ángel Penas

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1980 Editar o valor em Wikidata (43/44 anos)
Toques, España Editar o valor em Wikidata
Alcalde de Toques
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Enxeñeiro técnico agrícola. Nas eleccións municipais de 2007 foi o número 2 da candidatura do BNG en Toques, se ben non resultou elixido. Foi candidato á alcaldía en 2011 e logrou 2 concelleiros. Nas eleccións municipais de 2015 encabezou de novo a candidatura nacionalista e logrou de novo 2 edís, sendo e elixido alcalde co apoio dos tres concelleiros do PSdeG-PSOE.[1] En xaneiro de 2018 cedeulle a alcaldía ao candidato do PSdeG Miguel Ángel Buján Varela, en virtude do pacto de goberno alcanzado por ambas as formacións.

Esta situación repetiuse nas eleccións municipais de 2019. A candidatura do BNG obtivo catro concelleiros, por tres do Partido Popular e dous do PSdG, polo que se acordou repartir novamente a alcaldía. O candidato socialista ocupouna até o 18 de xuño do 2021, pasando naquel momento novamente a José Ángel Penas.[2]

Nas eleccións municipais de 2023 acadou novamente a alcaldía, esta vez con maioría absoluta, ao obter 6 dos 9 concelleiros da corporación.[3]


Predecesor:
José Antonio Castro Fraga
  
Alcalde de Toques
 
2015 - 2018
Sucesor:
Miguel Ángel Buján Varela
Predecesor:
Miguel Ángel Buján Varela
  
Alcalde de Toques
 
2021 - actualidade
Sucesor:
no cargo

Notas editar

  1. "Constitución da nova corporación" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 09 de abril de 2017. Consultado o 8 de abril de 2017. 
  2. Press, Europa (2021-06-18). "José Ángel Penas (BNG), novo alcalde de Toques (A Coruña) ao rotar o bastón de mando que ostentaba o PSdeG". www.europapress.es. Consultado o 2021-06-18. 
  3. "A nova Corporación de Toques toma posesión sendo alcalde José Ángel Penas por maioría absoluta". Ecos da Comarca (en castelán). 2023-06-20. Consultado o 2023-07-05. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar