Sobrado

concello da comarca da Terra de Melide

Coordenadas: 43°1′20.64″N 8°0′51.84″O / 43.0224000, -8.0144000

Sobrado é un concello situado no sueste da provincia da Coruña, pertencente á comarca da Terra de Melide. Segundo o IGE no 2015 tiña 1911 habitantes (2139 no 2010, 2289 no 2006, 2316 no 2005, 2360 no 2004, 2400 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «sobradés».[8]

Sobrado
Logo de Sobrado
Bandeira de Sobrado
Escudo de Sobrado
Mosteiro de Santa María de Sobrado dos Monxes 2.jpg
Situacion Sobrado.PNG
Situación
Xentilicio[1]sobradés/sobradesa
Xeografía
ProvinciaProvincia da Coruña
ComarcaComarca da Terra de Melide
Poboación1.767 hab. (2022)[2][3]
Área120,6 km²[3]
Densidade14,65 hab./km²
Entidades de poboaciónLugares de Sobrado[4]
Política (2019[5])
AlcaldeLisardo Santos (PSdG[6])
Concelleiros
PPdeG: 2
PSdeG-PSOE: 7
Eleccións municipais en Sobrado
Uso do galego[7] (2011)
Galegofalantes88,59%
Na rede
www.sobrado.es
editar datos en Wikidata ]
Mapa de Sobrado coas súas parroquias.

XeografíaEditar

Limita ó sur cos concellos de Melide e Toques, ó leste con Friol e Guitiriz (provincia de Lugo), ó norte con Curtis e ó oeste con Boimorto e Vilasantar. Pertence á comarca de Terra de Melide ó Partido Xudicial de Betanzos e á Diocese de Santiago. As dez parroquias do concello distribúense nun territorio de 120,6 km².

O termo municipal localízase nunha área montañosa pertencente á Dorsal Galega. Atópase en Sobrado o monte Campelo, da serra da Cova da Serpe, que con 811 m de altitude é o máis alto da provincia.

Sobrado ten un réxime térmico e pluviométrico característico do clima oceánico hiperhúmedo, cunha temperatura media anual de 8,4 °C, sufrindo importantes variacións, con máximas en xullo de 22 °C e mínimas en decembro de 2,3 °C. É moi importante a cantidade de precipitacións anuais nesta comarca, cunha media superior ós 1.200 mm. A rede fluvial caracterízase por cursos pequenos e de pouco caudal.

En Sobrado nacen o Mandeo, que desemboca na ría de Betanzos, e o Tambre, que forma a ría de Muros e Noia.

ClimaEditar

O seu clima é oceánico húmido e fresco, con importantes precipitacións.

Patrimonio histórico e artísticoEditar

Da era castrexa consérvanse varios castros[9]:

  • Castro do Cruceiro (Carelle)
  • Roda da Froxa (Carelle)
  • As Castronelas (Carelle)
  • Castro de Revillón (Carelle)
  • Castro de Roda de Socastro (Cumbraos)
  • Castro de Cumbraos (Cumbraos)
  • Castro de Grixalva (Grixalva)
  • Castro de Vilanova (A Porta)
  • Castro de Seixo (Codesoso)
  • Castro das Lagoas (Roade)

Na parroquia da Ciadella atópase o importante campamento romano da Ciadella, o máis importante dos escavados en Galicia (xunto con Aquis Querquennis en Bande). Nel apareceron gran cantidade de tégulas, lápidas, moedas e outras pezas romanas. Probablemente estaría á beira da vía romana entre Brigantium e Lugo. Estivo activo entre os séculos II e IV.

Unha pressura romana deu orixe ao condado de Présaras, que comprendía ademais do concello de Sobrado as terras dos concellos actuais de Vilasantar e Curtis e estendía os seus dominios sobre varias vilas, portos de mar, igrexas e outros mosteiros do norte de Galicia. O derradeiro dos condes de Présaras, Hermenexildo, fundou no ano 952 o mosteiro de Sobrado dos Monxes e nel foi frade logo de quedar viúvo da súa esposa Paterna Gundesíndez. Desta forma, todos os bens do condado pasaron a formar parte das que foron as posesións do cenobio. Refundado no ano 1142, fábrica da que se conservan a capela funeraria da Magdalena, a sala capitular e algunhas partes soltas. No século XVI foi cando se comezou a levantar a igrexa e o mosteiro actuais.

No lugar de Santiago do Campo hai vestixios dunha igrexa prerrománica.

PoboaciónEditar

A poboación de Sobrado variou, coma moitos concellos do interior de Galicia, pola emigración do agro ás cidades. Así dende os anos 1950 diminuíu a poboación ata uns estables dous mil habitantes que mantén. Sobrado é un concello da Galicia rural. A súa economía está moi ligada á explotación da terra, a gandería e a explotación forestal. O concello matén unha importante fonte de ingresos no turismo e a hostalería ao ser un dos concellos polos que pasa o Camiño de Santiago.

Evolución da poboación de Sobrado   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021
4.899 5.583 6.459 3.466 2.360 2.139 2.037 1.965 1.847 {{{14}}} {{{15}}} {{{16}}} {{{17}}}
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)
Censo total 2015 1.911 habitantes
Menores de 15 anos 111 (5.81 %)
Entre 15 e 64 anos 1.065 (55.73 %)
Maiores de 65 anos 735 (38.46 %)
Gráfica de evolución demográfica de Sobrado entre 1842 e 2017
     Poboación de feito segundo os censos de poboación.     Poboación de dereito (1842-1991) ou poboación residente (2001-2011) segundo os censos de poboación.     Poboación segundo o padrón municipal.

EtnografíaEditar

Sobrado na cultura popularEditar

  • Home de Melide, muller de Sobrado e vaca de Furelos, que os leven os demos.[10]

Aparece tamén Sobrado na terceira estrofa da «Cantiga da montaña» de Aurelio Ribalta: De Trasanquelos á Curtis, / dende Vilacoba a Aranga, / dende Monfero a Sobrado, / dende Libureiro a Caldas, dende Santiago a Millide[11]

Galería de imaxesEditar

Artigo principal: Galería de imaxes de Sobrado.

ParroquiasEditar

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Sobrado

Carelle (San Lourenzo) | A Ciadella (Santa María) | Codesoso (San Miguel) | Cumbraos (San Xiao) | Folgoso (Santa Cristina) | Grixalba (San Xiao) | Nogueira (San Xurxo) | A Porta (San Pedro) | Pousada (San Mamede) | Roade (Santo André)

Lugares de SobradoEditar

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Sobrado vexa: Lugares de Sobrado.

NotasEditar

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Instituto Nacional de Estadística, ed. (27 de decembro de 2019). "Cifras oficiales de población resultantes de la revisión del Padrón municipal a 1 de enero". Consultado o 2 de xuño de 2020. (en castelán).
  3. 3,0 3,1 Instituto Galego de Estatística. (2022) "Sobrado".Información municipal. Sociedade e poboación. Xunta de Galicia.
  4. Nomenclátor de Galicia. Busca directa. Xunta de Galicia
  5. "Resultados eleccións 2019". Arquivado dende o orixinal o 25 de xuño de 2019. Consultado o 28 de maio de 2019. 
  6. Concello de Sobrado na FEGAMP
  7. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2014. Fonte: IGE. Datos dispoñibles nas Táboas Dinámicas de Google 
  8. Costas González, X.-H. (2016). Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega (PDF). Universidade de Vigo. p. 59. ISBN 978-84-8158-706-7. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 04 de novembro de 2018. Consultado o 08 de setembro de 2019. 
  9. PXUM Sobrado
  10. "Lugar de referencia: Sobrado". Portal de ditados tópicos galegos. 
  11. Ribalta, Aurelio (7.11.1897). "Cantiga da montaña". Revista Gallega (A Coruña) (139): 4. Arquivado dende o orixinal o 18 de agosto de 2019. Consultado o 25 de agosto de 2019. 

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Ligazóns externasEditar