Jacobo Fernández García

político galego

Jacobo Fernández García, nado en Sobrado en 1959, foi un político galego do PPdeG.

Jacobo Fernández García
Nacemento1959
 Sobrado
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Funcionario de Fomento. Nas eleccións municipais de 1995 encabezou unha candidatura independente á alcaldía de Sobrado logrando 5 dos 11 concelleiros, pero un goberno conxunto de PPdeG e PSdeG-PSOE apartouno da alcaldía. Nas municipais de 1999 encabezou a lista popular, tras ter liderado xunta o seu compañeiro independente José López Sánchez unha moción de censura en xaneiro de 1999 que contou co apoio de edís socialistas. Nesas eleccións, con López Sánchez integrado na lista do PPdeG, acadou 7 concelleiros de 11 sendo elixido alcalde con maioría absoluta. Revalidou a maioría absoluta nas seguintes eleccións de 2003, 2007 e 2011.

Nas municipais de 2015 perdeu a alcaldía así como a maioría absoluta, pasou de 7 a 3 concelleiros sendo o seu sucesor Luís Lisardo Santos Ares do PSdeG-PSOE. En marzo de 2017 apoiou xunta os seus compañeiros do PPdeG unha moción de censura liderada pola independente María Jesús García Souto.

Retirouse da política activa a finais de 2017, cando deixou a súa acta de concelleiro.



Predecesor:
José López Sánchez
  
Alcalde de Sobrado
 
1999 - 2015
Sucesor:
Lisardo Santos Ares

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar