Río Furelos

curso fluvial galego

O Furelos é un pequeno río galego da provincia coruñesa, que baña a Terra de Melide, afluente do Ulla, pola súa marxe dereita.

Modelo:Xeografía físicaRío Furelos
Imaxe
Río Furelos
Tiporío Editar o valor en Wikidata
Inicio
División administrativaProvincia da Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Final
División administrativaProvincia de Lugo, España Editar o valor en Wikidata
Localizaciónrío Ulla Editar o valor en Wikidata
Mapa
 42°50′57″N 8°01′12″O / 42.84921, -8.01987
Características
Dimensións26,2 (lonxitude) km
Medicións
Caudal6,63 m³/s Editar o valor en Wikidata
Encoro no río Furelos

Características

editar

O Furelos nace da confluencia de varios cursos de auga que baixan dos montes da serra do Careón, no concello de Toques, servindo as súas augas de linde entre ese concello e o de Melide, no que termina por entrar. Atravesa a freguesía e lugar de Furelos, por onde pasa o Camiño de Santiago. Logo fai linde entre Melide e o concello de Santiso.

O Furelos é un río de réxime pluvial. Discorre por terreo máis ou menos chairo ao longo de 26,2 km até unirse ao Ulla, contribuíndo cun caudal de 6,63 m³/s. A súa conca abrangue unha área de 151,6 km². O seu principal afluente (pola dereita) é o rego de Catasol.

Hai dous pequenos encoros que aproveitan o seu curso para produción eléctrica, que son os de Portochao e Portodiz.

Galería de imaxes

editar