Serra do Careón

serra dos concellos de Agolada, Friol, Melide, Palas de Rei, Santiso e Toques.

A serra do Careón[1] é unha serra e que pertence á dorsal galega e que limita as Terra de Melide coa de Lugo e a de Ulloa. O seu relevo xeral é suave e de meseta con chanzos e nela nacen os río Furelos e río Seco, afluentes do río Ulla.[2][3]

Serra do Careón.

Esta serra destaca por ser o máis extenso afloramento de rochas ultrabásicas na península Ibérica. Así mesmo, a súa meirande parte forma parte do espazo natural protexido homónimo declarado como zona especial de conservación, o ZEC Serra do Careón.[3]

Xeografía e xeoloxíaEditar

OrografíaEditar

Forma parte da dorsal galega. Conta cunha altitude media de 550 metros e máxima de 798 metros, no Monte Careón.

HidrografíaEditar

Nesta serra nacen o río Narla, afluente do Miño, e o río Pambre, o río Seco ou o río Furelos, afluentes todos tres do río Ulla.

XeoloxíaEditar

Dominan os granitos de dúas micas e intrusivos, gneis de "ollo de sapo" e xistos. Así mesmo, esta serra destaca por ser a máis extensa floración de rochas ultrabásicas na península Ibérica, que vai desde Sobrado ata o sur de Melide. Catalogouse como o PIG C-17: Pregamentos tombados no complexo ultrabásico de Melide.

NotasEditar

  1. Ficha en turismo.gal.
  2. "Serra do Careón, Concello de Toques". Consultado o 09/10/2020. 
  3. 3,0 3,1 "Sección Organización - CMAOT". Consultado o 09/10/2020. 

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar