Río Seco
O río Seco é un afluente do Ulla. Nace a carón da aldea de Penagundín (Melide), ao pé do monte das Peneliñas, e serve de fronteira entre os concellos de Santiso (provincia da Coruña) e Palas de Rei (provincia de Lugo).
Río Seco | |
---|---|
Ponte sobre o Río Seco. Leboreiro. | |
País | España |
Comunidade Autónoma | Galicia |
Nacemento | Penagundín (Melide)[1] |
Desembocadura | Río Ulla[1] |
Altitude desembocadura | 320 m |
Cadea fluvial | Río Seco, Río Ulla |
Conca do Río Ulla marcada en azul escuro | |
Está atravesado pola estrada N-547 á altura do Leboreiro, e preto da aldea da Vacariza está a lagoa de Quintas, unha pequena represa.[1]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 Instituto Geográfico Nacional de España. "Iberpix. Buscar Penagundín." (Mapa). Mapa Topográfico Nacional (WMTS de cartografía raster do IGN ed.). 1:25.000. MTN25. Consultado o 10/04/2016.
Este artigo sobre ríos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |