Rally do Albariño de 1994

proba automobilística

O Rally do Albariño de 1994 foi a 3ª edición de dito rally e a primeira proba da tempada 1994 do Campionato de Galicia de Rally. Celebrouse o 26 de marzo de 1994 e o vencedor foi Miguel Dopico, sobre un Ford Escort RS Cosworth.

Rally do Albariño de 1994
CategoríaGalicia Galicia
LocalizaciónComarca do Salnés
ÁmbitoRexional
SuperficieAsfalto
Gañadores
Piloto campiónGalicia Miguel Dopico
Participantes
Pilotos36
AnteriorRally do Albariño de 1993
SeguinteRally do Albariño de 1995

Resumo editar

O treito decisivo para determinar as primeiras posicións foi o terceiro. Miguel Dopico, Javier Paz e Arturo Rial loitaban pola primeira praza, pero este último estoupou unha roda, polo que caeu á 14ª posición, mentres que foi Dopico quen se asegurou a primeira posición. Finalmente Rial foi un dos 12 pilotos que tiveron que abandonar, entre eles tamén Manuel Senra.[1]

Clasificación editar

# Piloto Copiloto Automóbil Tempo
1   Miguel Dopico   Álvaro Louro Ford Escort RS Cosworth 36:06
2   Javier Paz   Manuel García Ford Escort RS Cosworth 36:10
3   Germán Gómez   Juan Barros Ford Escort RS Cosworth 37:08
4   Roberto Blach   José Antonio Gómez Peugeot 309 GTI 16v 37:36
5 Pérez Lorenzo Renault Clio 16v 38:28
6   José María Magdaleno   Julio Garriga Renault Clio 16v 38:38
7   Emilio Barros   Carlos Dafonte Renault Clio 16v 38:55
8   Pedro Luis Castañón   Miguel Ángel Vilas Citroën AX Sport 38:56
9   Rafael Pérez   Cristóbal Beade Renault 5 GT Turbo 39:11
  Manuel Varela   Herminio González Peugeot 205 Rallye 39:58
Abandonos
  Arturo Rial   Juan Carlos Arias Citroën AX Sport
  Manuel Senra Peugeot 309 GTI 16v

Notas editar

  1. "Dopico, del Siroco Team, vencedor del III Ralli do Albariño". La Voz de Galicia (en castelán). 27 de marzo de 1994. p. 57. 


Predecesor:
-
 Campionato de Galicia de Rally 
Tempada 1994
Sucesor:
Rally de Noia