Roberto Blach González

piloto de rally galego

Roberto Blach González, nado na Coruña o 28 de xuño de 1966, é un expiloto de rallys galego, que durante as décadas de 1990 e 2000 competiu habitualmente no Campionato de Galicia e no Campionato de España. É pai do tamén Roberto Blach Núñez.

Infotaula de personaRoberto Blach González
Biografía
Nacemento28 de xuño de 1966 Editar o valor em Wikidata (57 anos)
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpiloto de rally Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosRoberto Blach Núñez Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Debutou no Rally de Ourense de 1991, a bordo dun Peugeot 205, acabando na 20ª posición,[1] e un ano despois, conducindo un Peugeot 309, conseguiu o seu primeiro podio no Campionato de España, quedando terceiro na 10ª edición do Rally da Coruña, só por detrás de Germán Castrillón e Antonio Garrido.[2] Continuou competindo nos certames galego e español durante as seguintes dúas décadas, logrando varios podios, o último deles no Rally do Cocido de 2011, ano da súa retirada, cando subiu ao terceiro caixón por detrás de Iván Ares e Pedro Burgo.[3]

Notas editar

  1. "24. Rallye Internacional de Orense 1991". ewrc-results.com (en inglés). Consultado o 22 de decembro de 2023. 
  2. "Castrillón apretó en la noche y ganó el Rally Ciudad de la Coruña". La Voz de Galicia (en castelán). 7 de setembro de 1992. p. 49. 
  3. "Rally Cocido 2011". auto-sprint.com (en castelán). 11 de marzo de 2011. Consultado o 22 de decembro de 2022.