Rally da Coruña de 1992

10ª edición do Rally da Coruña


O Rally da Coruña de 1992 foi a 10ª edición[1] de dito rally. Foi a sexta proba da tempada 1992 do Campionato de Galicia de Rally e foi puntuable tamén para a Copa de España. Celebrouse o 5 de setembro de 1992 e o vencedor foi o cabanés Germán Castrillón.[2]

Modelo:Competición deportivaRally da Coruña de 1992
Tipoedición de rally Editar o valor em Wikidata
Parte deRally da Coruña, Tempada 1992 do Campionato de Galicia de Rally e Copa de España de Rally Editar o valor em Wikidata
Número de participantes74 Editar o valor em Wikidata
Localización  e  Datas
PaísEspaña Editar o valor em Wikidata
Número de edición10  (1992) Editar o valor em Wikidata
Competición
Primeiro postoGermán Castrillón Permuy Editar o valor em Wikidata

1991 Editar o valor em Wikidata
1993 Editar o valor em Wikidata

Resumo

editar

Dos 74 pilotos que tomaron a saída na praza de María Pita, 42 conseguiron completar o rally. O peruano Ramón Ferreyros colocouse líder no primeiro treito e foi o máis rápido en catro dos seis primeiros tramos, ata que rompeu o motor na segunda pasada por Aranga.[3] O noiés Arturo Rial púxose entón en cabeza e mantívose así ata o primeiro paso por Soandres, na sección nocturna, onde tivo que abandonar ao romper un palier do seu Citroën AX Sport. A súa praza foi ocupada temporalmente polo ponferradino Antonio Garrido, cunha escaso marxe sobre Germán Castrillón. Os dous pilotos repartíronse os restantes treitos (Meirama, Xalo e Soandres) e chegaron ao decisivo treito final con Castrillón liderando por só catro segundos. Os 10,2 km da terceira pasada por Soandres decidiron a carreira a favor de Castrillón, que marcou o mellor tempo e rematou o rally con 13 segundos sobre Aguirre. O coruñés Roberto Blach, cun Peugeot 309 GTI, subiu ao terceiro caixón do podio.[2]

Igual que Rial, Manolo Senra viuse obrigado a abandonar pola rotura dun palier, no segundo paso polo treito de Doroña, aínda que xa na primeira pasada tivera unha saída de pista que o apartara dos primeiros postos. Tamén en Doroña tiveron que abandonar Ricardo Vidal e Miguel Dopico.[3]

Clasificación

editar
Pos Piloto Copiloto Vehículo
1   Germán Castrillón   Estrella Castrillón Ford Sierra Cosworth
2   Antonio Garrido   Juan Álvarez Ford Sierra Cosworth
3   Roberto Blach   Juan Gómez Peugeot 309 GTI 8v
4   Javier Piñeiro   Carlos Cascallar Lancia Delta Integrale
5   Luis Alberto González   Fernando González Renault Clio 16v
6   Marc Etchebers   Humberto González Ford Sierra Cosworth
7   Gonzalo Arche   Ana Arche Renault Clio 16v
8   Javier Azcona   S. Azcona Renault Clio 16v
9 José Calvo Luis Valle Opel Corsa GSI
10   Javier Paz   Manuel García Citroën AX Sport
11   Miguel Fuster   Ángel Candela Renault Clio 16v
Abandonos
-   Ramón Ferreyros   Raffaele Ynzenga Ford Sierra Cosworth
-   Arturo Rial   Juan Carlos Arias Citroën AX Sport
-   Manuel Senra   José Maceiras Peugeot 309 GTI 16v
-   Miguel Dopico
-   Ricardo Vidal
  1. En 1980 xa se disputara a 10ª edición, e en 1990 disputouse a 18ª edición, pero por cuestións de dereitos sobre o uso do nome Rally da Coruña en 1991 reformulouse a numeración do mesmo.
  2. 2,0 2,1 "Castrillón apretó en la noche y ganó el Rally Ciudad de la Coruña". La Voz de Galicia (en castelán). 7 de setembro de 1992. p. 49. 
  3. 3,0 3,1 Arévalo, Fernando (6 de setembro de 1992). "Ferreyros dejó en cabeza a Rial". La Voz de Galicia (en castelán). p. 56. 


Predecesor:
Rally Rías Baixas
 Campionato de Galicia de Rally 
Tempada 1992
Sucesor:
Rally de Ourense