Rally da Coruña de 1993

11ª edición do Rally da Coruña


O Rally da Coruña de 1993 foi a 11ª edición[1] de dito rally. Foi a última proba da tempada 1993 do Campionato de España de Rallys e a penúltima da tempada 1993 do Campionato de Galicia de Rally. Celebrouse entre o 19 e o 21 de novembro de 1993 e o vencedor foi o catalán Mia Bardolet, que con esta vitoria proclamouse campión de España.[2]

Modelo:Competición deportivaRally da Coruña de 1993
Tipoedición de rally Editar o valor en Wikidata
Parte deRally da Coruña, Tempada 1993 do Campionato de Galicia de Rally e Tempada 1993 do Campionato de España de Rally Editar o valor en Wikidata
Número de participantes89 Editar o valor en Wikidata
Localización  e  Datas
PaísEspaña Editar o valor en Wikidata
Intervalo de tempo19 de novembro de 1993 – 21 de novembro de 1993 Editar o valor en Wikidata
Número de edición11  (1993) Editar o valor en Wikidata
Competición
Primeiro postoMia Bardolet Editar o valor en Wikidata

1992 Editar o valor en Wikidata
1994 Editar o valor en Wikidata

Itinerario

editar

Constou de 153.05 km cronometrados en 17 treitos. Déronse tres pasadas polo treito Carral-Xalo e dous polos demais: Soandres, Rus, Meirama-Quembre, Doroña, Vilouzás, Aranga e A Espenuca.[3]

Resumo

editar

Neste rally decidíase o campión de España, título ao que optaban o líder do campionato, Mia Bardolet, e o valenciano Luis Climent. Bardolet foi o máis rápido en 9 dos 13 primeiros treitos, logrando unha gran diferenza sobre Climent, segundo, quen, con todo, marcou o mellor tempo en tres treitos e empatou con Climent no oitavo treito. No 14º treito, a segunda pasada por Doroña, Climent saíuse da estrada, perdendo moito tempo, mentres que Bardolet volveu ser o máis rápido, deixando o campionato sentenciado.[2] Dos tres treitos restantes, Climent marcou o mellor tempo en dous, mentres que no segundo paso por Aranga o máis veloz foi Sergio Vallejo, que rematou a proba en quinto lugar.[4] Tras Bardolet subiron ao podio o asturiano Kiko Cima e o navarro Javier Azcona. Dos principais pilotos do campionato galego, só Arturo Rial acabou conseguir entre os primeiros postos, mentres que abandonaron Germán Castrillón, Manolo Senra e Miguel Dopico.[2]

Clasificación

editar
Pos Piloto Copiloto Vehículo Tempo
1   Josep Maria Bardolet   Joaquín Muntada Opel Astra GSI 16v 1:53:01
2   Kiko Cima   Jacinto Martínez Renault Clio Williams 1:58:15
3   Javier Azcona   Inma Vittorini Renault Clio 16v 1:59:34
4   Miguel Martínez-Conde   Amadeo Aguirre Renault Clio 16v 1:59:49
5   Sergio Vallejo   Diego Vallejo Peugeot 309 GTI 1:59:54
6   Arturo Rial   Juan Carlos Arias Citroën AX Sport 1:59:54
7   Juan Carlos Táboas   Luis Fernández González Citroën AX Sport 2:01:23
8   Miguel Fuster   Ángel Candela Renault Clio 16v 2:02:44
9   Alfonso Loza   José Enrique Serrano Renault Clio 16v 2:03:09
10   Jaime Azcona   Julius Billmaier Peugeot 106 XSI 2:03:09
11   Óscar Outeiriño M. Fernández Renault 5 GT Turbo 2:03:24
12   Ricardo Vidal   Juan Carlos Souto Peugeot 309 GTI 2:05:03
13   Ramiro Muñiz   Álvaro Louro Renault Clio 16v 2:05:54
14   Luis Climent   José Antonio Muñoz Opel Astra GSI 16v 2:08:08
15   Juan José López Vidal   José Manuel Abad Renault 5 GT 2:08:19
16   Genitín J. García Renault Clio 16v 2:08:43
17   Pedro Castañón   Miguel Ángel Vilas Citroën AX Sport 2:08:44
18   José Tojo Lens   Rafael Ferreño Peugeot 205 Rallye 2:10:27
19   Alberto Tombo   Manuel Ferreiro Renault Clio 16v 2:12:19
20   Sergio García   José Ramón Andrés Peugeot 205 Rallye 2:12:38
Abandonos
-   Oriol Gómez   Marc Martí Peugeot 306 S16 -
-   Luis Alberto González Renault Clio 16v -
-   Germán Castrillón Ford Escort RS Cosworth -
-   Manuel Senra Peugeot 309 GTI -
-   Roberto Blach Peugeot 309 GTI -
-   Miguel Dopico Ford Escort RS Cosworth -
  1. En 1981 xa se disputara a 11ª edición, e en 1990 disputouse a 18ª edición, pero por cuestións de dereitos sobre o uso do nome Rally da Coruña en 1991 reformulouse a numeración do mesmo.
  2. 2,0 2,1 2,2 Arévalo, Fernando (22 de novembro de 1993). "Bardolet rozó la perfección". La Voz de Galicia (en castelán). p. 65. 
  3. "Treitos". ewrc-results.com (en inglés). Consultado o 9 de maio de 2020. 
  4. "Tempos por treito". ewrc-results.com (en inglés). Consultado o 9 de maio de 2020. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar


Predecesor:
Rally Botafumeiro
 Campionato de Galicia de Rally 
Tempada 1993
Sucesor:
Rally Mil Vistas