Rally da Coruña de 1994

12ª edición do Rally da Coruña


O Rally da Coruña de 1994 foi a 12ª edición[1] de dito rally. Foi puntuable para a tempada 1994 do Campionato de Galicia de Rally, así como para o Campionato de España de Rallys. Celebrouse o 19 de novembro de 1994 e o vencedor foi o navarro Jaime Azcona. Seu irmán, Javier Azcona, proclamouse campión de Galicia de rally ao rematar cuarto.[2]

Modelo:Competición deportivaRally da Coruña de 1994
Tipoedición de rally Editar o valor em Wikidata
Parte deRally da Coruña, Tempada 1994 do Campionato de Galicia de Rally e Tempada 1994 do Campionato de España de Rally Editar o valor em Wikidata
Localización  e  Datas
PaísEspaña Editar o valor em Wikidata
Número de edición12  (1994) Editar o valor em Wikidata
Competición
Primeiro postoJaime Azcona Editar o valor em Wikidata

1993 Editar o valor em Wikidata
1995 Editar o valor em Wikidata

Itinerario

editar

Constou de 164,82 km cronometrados. Pola mañá os pilotos dúas pasadas os treitos da Tablilla, Soandres, Meirama-Quembre e Carral-Xalo, mentres que pola tarde a competición transcorreu polos treitos de Aranga, Monfero, Doroña e Vilouzás, tamén con dúas pasadas a cada un deles.[3]

Resumo

editar

O noiés Arturo Rial liderou os 12 primeiros treitos do rally pero a falta de catro treitos, e cando lle sacaba 52 segundos ao seguinte participante, tivo que abandonar tras unha saída da estrada en Aranga.[4] Borja Moratal, que ía segundo por detrás de Rial tamén tivo que abandonar despois de caer por un terraplén en Meirama. Tras o abandono de Moratal, foi Germán Castrillón quen se colocou segundo e comezou a recortar distancias con Rial, ata que rompeu o cable do acelerador, o que o relegou até a décima praza, aínda que logo conseguiu acabar quinto. O navarro Jaime Azcona aproveitou todos estes problemas dos seus rivais para conseguir a súa primeira vitoria no Campionato de España de Rallys. Seu irmán Javier, que chegou cuarto, sumou os puntos suficientes para superar a Miguel Dopico na clasificación do Campionato de Galicia de Rally e proclamarse campión.[2][5]

Clasificación

editar
Pos Piloto Copiloto Vehículo Tempo
1   Jaime Azcona   Julius Billmaier Peugeot 106 Rallye 2h 53' 14"
2   Miguel Martínez-Conde   Felipe Alonso Renault Clio Williams 2h 44' 45"
3   David Guixeras   Jordi Albadalejo Peugeot 106 Rallye 2h 58' 47"
4   Javier Azcona   Inma Vittorini Renault Clio Williams 2h 54' 05"
5   Germán Castrillón   Estrella Castrillón Ford Escort RS Cosworth 3h 00' 38"
Abandonos
-   Arturo Rial   Juan Carlos Arias Citroën ZX 16v -
-   Borja Moratal   Alfredo Rodríguez Peugeot 306 S16 -
-   Sergio Vallejo -
-   Roberto Blach -
-   Ricardo Vidal -
-   Óscar Outeiriño Renault 5 GT Turbo -
  Elías Ares   Segundo Pampillón Citroën AX GT
  1. En 1982 xa se disputara a 12ª edición, e en 1990 disputouse a 18ª edición, pero por cuestións de dereitos sobre o uso do nome Rally da Coruña en 1991 reformulouse a numeración do mesmo.
  2. 2,0 2,1 Arévalo, F. (20 de novembro de 1994). "El piloto navarro Jaime Azcona conquistó el Ciudad de la Coruña". La Voz de Galicia (en castelán). p. 55. 
  3. A., F. (14 de novembro de 1994). "Monfero y Soandres podrían decidir el desenlace del rally". La Voz de Galicia (en castelán). p. 51. 
  4. Arévalo, F. (21 de novembro de 1994). "Los principales favoritos decepcionaron en el Rally Ciudad de la Coruña". La Voz de Galicia (en castelán). p. 46. 
  5. "El Citroen de Elias Aros sólo resistió los primeros tramos del rally Ciudad de La Coruña". La Voz de Galicia (en castelán). 25 de novembro de 1994. p. 43. 


Predecesor:
Rally Botafumeiro
 Campionato de Galicia de Rally 
Tempada 1994
Sucesor:
-