Quembre, Carral

parroquia civil do concello de Carral

San Pedro de Quembre é unha parroquia que se localiza no centro do concello de Carral. Segundo o IGE en 2016 tiña 335 habitantes (173 mulleres e 162 homes), distribuídos en 16 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 381 habitantes.

Quembre
Igrexa de San Pedro de Quembre.
ConcelloCarral[1]
ProvinciaA Coruña
Coordenadas43°12′42″N 8°22′13″O / 43.2117, -8.3702
Poboación335 hab. (2016)
Entidades de poboación16[1]
editar datos en Wikidata ]

Cultura

editar

Topónimo

editar

Quembre é un topónimo posiblemente prerromano que indica a existencia dunha fortificación, castro ou dunha altura. O seu uso xorde antes do século III.[2][3]

Patrimonio

editar
  • Igrexa de San Pedro de Quembre, construída no século XIX no lugar onde se encontraba unha capela románica. Ten planta de cruz latina con dúas capelas laterais.
  • Pazo da Ribeira, situado no lugar da Ribeira, á beira do río Barcia e preto de Ponte Lago. É unha casa de planta rectangular realizada en cachotería con cantería en xambas, linteis e esquinas. Máis adiante engadíuselle unha galería de madeira pintada en branco. Ten un escudo coas armas dos Salazar e dos Alvarado. A capela esta dedicada a San Xoán Bautista.
  • Pazo de Esperante, no lugar de Esperante, separado de Cerceda polo monte Xalo. Ten dous edificios anexos con funcións de hórreo-cocheira e almacén.

Lugares e parroquias

editar

Lugares de Quembre

editar
Lugares da parroquia de Quembre no concello de Carral (A Coruña)

As Cavancas | O Cepedo | Cimadevila | A Eirexa | Esperante | A Horta do Conde | Meán | Montecelo | O Outeiro | A Paioca | Paiolante | Paradela | A Ponte Lago | A Poza | A Ribeira | Salgueiros

Parroquias de Carral

editar
Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Carral

Beira (Santa Mariña) | Cañás (Santa Baia) | Paleo (Santo Estevo) | Quembre (San Pedro) | Sergude (San Xián) | Sumio (Santiago) | Tabeaio (San Martiño) | Vigo (San Vicente)

  1. 1,0 1,1 DECRETO 189/2003, do 6 de febreiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia da Coruña.
  2. Búa Carballo, J. C.; Lois Silva, S. (1994-1995). "Los topónimos gallegos en -bre de orígen prerromano". Beiträge zur namenforschung. Neue Folge (Heidelberg) (Band 29/30): 13–41. 
  3. Sánchez Pardo, JC.; Andrade Cernadas, JM (Dirección) (2008). "Territorio y poblamiento en Galicia entre la antigüedad y la plena Edad Media (Tese)". Universidade de Santiago de Compostela: 1051. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar