Paleo, Carral
Santo Estevo de Paleo é unha parroquia que se localiza no centro do concello de Carral e contén a súa capital administrativa. Segundo o IGE en 2018 tiña 3.308 habitantes (1.604 mulleres e 1.704 mulleres), distribuídos en 20 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 2.002 habitantes. Ten unha área de 8,17 km².
Paleo | |
---|---|
Igrexa de Santo Estevo de Paleo. | |
Concello | Carral[1] |
Provincia | A Coruña |
Coordenadas | 43°13′29″N 8°22′06″O / 43.2246, -8.3682 |
Poboación | 3.308 hab. (2018) |
Entidades de poboación | 20[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia
editarAparece citada no Documento Tructinio, do ano 868, que fai referencia ás parroquias do territorio de Nemitos ou Nendos: «Noticia de ecclesiis que sunt in Nemitos de sede hyriense ex antiquo: id est., scm. Tirsum de Mauegondo; scm. Stephanum de Paleo; scm. Vincentium de Celia sea. Maria de Porcimilio; scm. Julianum de Mandagio; scm. Stephanum de Piauela; sea. Eulalia de Sepelunca sea. Eulalia de Avegondo; scm. Martinum de Bandogia sea. María de Revoreda».
No adro desta igrexa fusilaron en 1846 o coronel Miguel Solís, un dos Mártires de Carral.
Cultura
editarTopónimo
editarPaleo podería ser un topónimo xermánico, inda que non se coñece o seu significado.[2][3]
Galería de imaxes
editar-
Cruceiro de Paleo.
-
Fonte da igrexa de Paleo.
Lugares e parroquias
editarLugares de Paleo
editarLugares da parroquia de Paleo no concello de Carral (A Coruña) | |
---|---|
As Ameixeiras | Ans de Tellado | Belvís | Cabrois | Carral | O Casal | Os Chás | Coiro | Fócanos | O Marco das Eiras | O Outeiro | Outra Aldea | O Paraíso | O Pedreiro | Quenllo | Reboredo | O Xalo |
Parroquias de Carral
editarNotas
editar- ↑ 1,0 1,1 DECRETO 189/2003, do 6 de febreiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia da Coruña.
- ↑ Erias Martínez, A. (1990). "O xacemento arqueolóxico de Paleo (Carral): dun machado da cultura megalítica a unha necrópole tardorromana e/ou altomedieval". Anuario Brigantino (Betanzos) (13): 27–46.
- ↑ Sánchez Pardo, JC.; Andrade Cernadas, JM (Dirección) (2008). "Territorio y poblamiento en Galicia entre la antigüedad y la plena Edad Media (Tese)". Universidade de Santiago de Compostela: 1051.