Pedro Castañón

piloto de rallys galego

Pedro Luis Castañón Escalera, nado en Santiago de Compostela c.1961,[1] é un ex piloto galego de rallys.

Pedro Castañón
 Santiago de Compostela
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpiloto de rally
FillosPedro Luis Castañón López
editar datos en Wikidata ]

Competiu de xeito habitual no Campionato de Galicia de Rally, do que se proclamou subcampión na tempada 1996. É pai do tamén piloto Pedro Castañón López.

TraxectoriaEditar

Comezou nos rallys nos anos 80 na Escudería Compostela pilotando un Citroën Visa e en 1991 quedou terceiro na Copa Seat Marbella do Campionato de Galicia de Rally.[2] En 1992 usou un Peugeot 205 Rallye, co que quedou segundo na Copa Mabor e nos seguintes tres anos correu sobre Citroën AX Sport,[3][4] co que quedou segundo no Rally de Noia de 1994, por detrás de Javier Piñeiro.[5] Ese ano proclamouse campión da Challenge Citroën, dentro da cal conseguiu tres vitorias, dous segundos postos e dous terceiros, superando ao segundo clasificado, Benito Carballido.[6] Na tempada 1996, conducindo un Renault Clio Williams, conseguiu outro segundo posto absoluto, no Rally Botafumeiro, e a súa regularidade permitiulle proclamarse subcampión galego, só por detrás de Germán Castrillón.[7] Durante os seguintes anos os problemas co Clio e cun novo Seat Ibiza Cupra impedíronlle obter tan bos resultados,[8] mais aínda así logrou outro podio no Rally Botafumeiro de 1998.[9] O seu copiloto habitual estes anos era Miguel Ángel Vilas.[4]

No ano 2000 pasou a disputar o Campionato de Galicia de Montaña cun Citroën ZX,[10] proclamándose gañador da Copa Galicia de Prototipos no seu primeiro ano, título que revalidou nos catro anos seguintes.[11][12] No 2004, cun Seat León Cupra, foi ademais campión galego de montaña entre os vehículos carrozados.[13][14] Disputou tamén de xeito interrompido o Campionato de España de Montaña, rematando en 2001 como sexto do seu grupo (A2),[15] e décimo en 2005 e 2006.[16][17] A principios de 2007 estreou un Nissan Primera Superturismo no nacional de montaña, co que competiu de xeito máis esporádico nos seguintes anos.[18]

O seu fillo Pedro tomou o seu relevo, competindo dende pequeno en karting e logo en subidas, e gañando en 2014 o Campionato de Montaña de Portugal.[19]

NotasEditar

  1. "Pedro Luis Castañón". La Voz de Galicia (en castelán) (Santiago ed.). 17 de agosto de 1994. p. 54. 
  2. "Dos pilotos de la Escudería Berberecho intervendrán en el Rallye «Botafumeiro»". La Voz de Galicia (en castelán) (Barbanza ed.). 5 de xullo de 1991. p. 50. 
  3. "Castrillón apretó en la noche y ganó el Rally Ciudad de la Coruña". La Voz de Galicia (en castelán) (A Coruña ed.). 7 de setembro de 1992. p. 49. 
  4. 4,0 4,1 "Resultados de Pedro Castañón". www.ewrc-results.com (en inglés). Consultado o 1 de setembro de 2020. 
  5. "Javier Piñeiro ganó el Rally Ría de Noia". La Voz de Galicia (en castelán). 17 de abril de 1994. p. 54. 
  6. "Castañón y Vilas ganan la Challenge Citroen en el Rally Ciudad de A Coruña". La Voz de Galicia (en castelán). 22 de novembro de 1994. p. 50. 
  7. "Castañón, subcampeón gallego de rallies". La Voz de Galicia (en castelán). 23 de outubro de 1996. p. 59. 
  8. "Averías sin parar". La Voz de Galicia (en castelán) (Santiago ed.). 18 de setembro de 1998. p. 64. 
  9. "Fácil victoria de Castrillón al abandonar Senra y Paz". La Voz de Galicia (en castelán). 24 de maio de 1998. p. 61. 
  10. "Castañón debuta en el Campeonato de Montaña". La Voz de Galicia (en castelán) (Santiago ed.). 12 de maio de 2000. p. 63. 
  11. "El piloto santiagués Pedro Castañón compitió esta temporada con un Citroën ZX kit car". La Voz de Galicia (en castelán) (Santiago ed.). p. 40. 
  12. "Los pilotos santiagueses anuncian un año exitoso". La Voz de Galicia (Santiago ed.). 8 de abril de 2003. p. 32. 
  13. "El piloto santiagués Pedro Luis Castañón ha completado un gran año en el calendario de montaña". La Voz de Galicia (en castelán) (Santiago ed.). 8 de outubro de 2004. p. 46. 
  14. "Anuario 2005" (PDF). Federación Galega de Automobilismo. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 01 de xaneiro de 2006. Consultado o 1 de setembro de 2020. 
  15. "Clasificacións nacionais de 2001" (PDF). RFEDA (en castelán). Consultado o 1 de setembro de 2020. 
  16. "Clasificacións nacionais de 2005" (PDF). RFEDA (en castelán). Consultado o 1 de setembro de 2020. 
  17. "Clasificacións nacionais de 2006" (PDF). RFEDA (en castelán). Consultado o 1 de setembro de 2020. 
  18. "El compostelano Pedro Castañón busca un buen resultado en la Subida de Chantada". La Voz de Galicia (en castelán). 11 de xullo de 2008. Consultado o 1 de setembro de 2020. 
  19. "Pedro Castañón hace historia en el Campeonato de Portugal de Montaña". El Correo Gallego (en castelán). 23 de setembro de 2014. Consultado o 1 de setembro de 2020.