Campionato Nacional de Montaña (Portugal)

O Campionato Nacional de Montaña (en portugués: Campionato Nacional de Montanha, CNM) é a principal competición de carreiras de montaña en Portugal. Está organizada pola Federación Portuguesa de Automobilismo e Karting.

Campionato Nacional de Montaña
Fundación1973
RexiónPortugal Portugal
Actual campiónPortugal João Fonseca
Máis laureadoPortugal Manuel Ferreira da Silva (6)
OrganizadorFederación Portuguesa de Automobilismo e Karting
Sitio webfpak.pt

O campionato consiste en diversas probas nas que cada vehículo toma a saída individualmente para efectuar un mesmo percorrido até unha liña de chegada situada a unha altitude superior á da liña de partida. En cada proba xeralmente realízanse 3 subidas, sendo contabilizados os tempos das 2 mellores subidas para determinar a clasificación final.[1]

O CNM divídese en varias categorías e só as categorías C1 (vehículos de produción: Grupo N, Grupo A, Super 2000, Grupo R e GT's ) e C2 (vehículos de competición - Fórmulas e prototipos deportivos de ata 2000 cc) poden ser campións absolutos. Ademais destes, hai categorías C3 (Grupo X), C4 (Super Cars Ralicross), C5 (Vehículos con homologación FIA caducada) e C6 (Clásicos).[2]

A Subida á Falperra puntúa para o Campionato Europeo de Montaña mentres a Rampa da Covilhã ten puntuado para o Europeo e para a Copa Internacional de Montaña da FIA.

HistoriaEditar

A primeira "rampa" (subida) de montaña en Portugal disputouse o 10 de xuño de 1910 coa Rampa da Pimenteira, situada en Alcântara, cun percorrido de 1500 m e que foi gañada por Estevão de Oliveira Fernandes.[3] Desde esa data realizáronse por todo o país diversas probas do mesmo xénero, como a Rampa da Falperra disputada a partir de 1927.

En 1935 o Automóvel Club de Portugal organizou un campionato nacional de subidas que incluía as do Gradil, Santarém, Buçaco, Guimarães e do Cabo da Roca (disputada na estrada entre Colares e Cascais). Tamén ese ano realizouse en Madeira a 1ª proba automobilística organizada na Illa, coa colaboración técnica do ACP, a Rampa dos Barreiros.

En 1973 a Federación Portuguesa de Automobilismo e Karting entregou os títulos de Campión Nacional de Montaña-Turismo de Serie e Turismo Especial, algo que non volveu ocorrer ata o ano 2000, formando parte as subidas nese tempo do Campionato Nacional de Velocidade.

Desde 2014 o Campionato de Nacional de Montaña está composto por 8 probas.

Calendario 2020Editar

A seguinte táboa amosa o calendario programado nun inicio para o 2020. Con todo, a pandemia por coronavirus obrigou a modificalo, adiando as primeiras probas.

Mes Proba Organizador Cidade
7-8 de marzo Subida da Porca de Murça CAMI Murça
21-22 de marzo Subida PêQuêPê da Arrábida Clube de Motorismo de Setúbal Setúbal
4-5 de abril Subida da Penha Demo Porto Guimarães
8-10 de maio Subida de Boticas Demo Porto Boticas
30-31 de maio Subida da Covilhã / Serra da Estrela CAMI Covilhã
4-5 de xullo Subida de Santa Marta Clube Automóvel da Régua Santa Marta de Penaguião
18-19 de xullo Subida do Caramulo Targa Club Caramulo
26-27 de setembro Subida de Boticas Demo Porto Boticas

Palmarés[4]Editar

Ano Turismo de Serie Turismo Especial
1973   Bernardo Sá Nogueira   Francisco Fino
Ano Absoluto
2000   Manuel Ferreira da Silva
Ano Categoría 1 Categoría 2
2001   Manuel Ferreira da Silva   António Nogueira
2002   Manuel Ferreira da Silva   António Barros
2003   Manuel Ferreira da Silva   António Nogueira
2004   Manuel Ferreira da Silva   António Nogueira
2005   Manuel Ferreira da Silva   António Nogueira
2006   Manuel Ferreira da Silva   António Barros
Ano Absoluto Categoría 1
2007   Pedro Salvador   António Nogueira
2008   Pedro Salvador   António Nogueira
2009   Pedro Salvador   António Nogueira
2010   Paulo Ramalho   António Nogueira
2011   Paulo Ramalho   Joaquim Teixeira
2012   Pedro Salvador   Martine Pereira
2013   Tiago Reis   António Nogueira
2014   Pedro Castañón López   António Nogueira
Ano Absoluto
2015   João Fonseca
2016   Pedro Salvador
2017   Rui Ramalho
2018   Rui Ramalho
2019   João Fonseca

NotasEditar

  1. "Copia arquivada" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 26 de abril de 2014. Consultado o 27 de marzo de 2020. 
  2. "Copia arquivada" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 26 de abril de 2014. Consultado o 27 de marzo de 2020. 
  3. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2016. Consultado o 27 de marzo de 2020. 
  4. "Copia arquivada" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 26 de abril de 2014. Consultado o 27 de marzo de 2020. 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar