João Francisco Fonseca dos Santos, nado en Matosinhos o 19 de febreiro de 1948, é un exfutbolista portugués que xogaba de porteiro.

João Fonseca
Información persoal
Nome João Francisco Fonseca dos Santos
Nacemento 19 de febreiro de 1948
Lugar de nacemento Matosinhos
Altura 1,80 m.
Posición Porteiro
Carreira xuvenil
1962–1967 Leixões
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1967–1969 Leixões 46 (0)
1969–1975 Benfica 10 (0)
1972–1973 Leixões 30 (0)
1973–1975 Ourense 71 (0)
1975–1977 Varzim 18 (0)
1977–1983 Porto 127 (0)
1983 Ourense 0 (0)
1983–1984 Famalicão 29 (0)
1984–1988 Chaves 59 (0)
Selección nacional
1976–1977 Portugal sub-21 3 (0)
1976 Portugal 1 (0)
Adestrador
1988–1989 Chaves
1989–1990 Vila Real
1990–1991 Varzim
1994 Lousada
1995 Lousada
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Formouse como porteiro de fútbol na canteira do Leixões, debutando co primeiro equipo na Primeira Liga na tempada 1967/68. Na seguinte campaña estreouse en competición europea, nun partido da Copa de Feiras contra o Argeș Pitești romanés no estadio das Antas.[1]

En 1969 fichou polo Benfica, onde apenas dispuxo de minutos, sendo o gardameta titular naquela época José Henrique. Formou parte do equipo que gañou dúas ligas consecutivas nas tempadas 1970/71 e 1971/72, así como dúas Copas de Portugal. Na tempada 1972/73 regresou ao Leixões, cedido polo Benfica, e alí recuperou a titularidade.

Entre 1973 e 1975 xogou cedido no Ourense, que militaba na Segunda División española.[2] Na súa primeira tempada en Galicia disputou 36 partidos e o equipo, adestrado primeiro por León Lasa e despois por Naya, logrou a permanencia ao rematar 12º. Con todo, na seguinte campaña acabou descendendo. Fonseca deixou o club ourensán con 71 partidos disputados e 79 goles encaixados.

Posteriormente xogou no Varzim, da Segunda División, co que logrou o ascenso a Primeira, antes de fichar en 1977 polo Porto. Militou seis anos neste club, gañando outras dúas ligas, pero desta vez xogando como titular. Na tempada 1983/84 xogou no Famalicão e pechou a súa carreira co Chaves, onde xogou ata 1988.

Selección portuguesa editar

Foi internacional coa selección portuguesa nunha ocasión, nun partido contra Dinamarca en 1976, correspondente á fase de clasificación para o Mundial de 1978.[3]

Palmarés editar

Benfica

Varzim

Porto

Notas editar

  1. "Leixões SC - FC Arges Pitesti 1968". Transfermarkt (en inglés). Consultado o 11 de febreiro de 2022. 
  2. "Fonseca, nuevo portero "rojillo"". El Pueblo Gallego (en castelán) (18188). 24 de agosto de 1973. p. 12. Consultado o 11 de febreiro de 2022. 
  3. "Portugal - Dinamarca 1976". Transfermarkt (en inglés). Consultado o 11 de febreiro de 2022. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar