Copa de Feiras
A Copa de Cidades en Feira (en inglés: Inter-Cities Fairs Cup), ou máis concisa e popularmente Copa de Feiras, foi unha competición internacional de clubs disputada integramente en Europa instituída o 18 de abril de 1955 (dúas semanas logo da creación da Copa de Europa). A súa creación foi iniciativa de Ernst Thommen, de Ottorino Barrasi (naquel tempo, secretarios xerais da FIGC e da FA, respectivamente) e de Stanley Rous, secretario da FIFA, coa finalidade de enfrontar a representativos de cidades europeas que tiveran albergado feiras de mostras internacionais: Barcelona, Basilea, Birmingham, Copenhaguen, Frankfurt, Lausana, Leipzig, Londres, Milán e Zagreb[1]
Tipo | competición futbolística |
---|---|
Deporte | fútbol |
Localización e Datas | |
Vixencia | 1955 – 1971 |
Calendario da tempada | setembro – |
Período de ocorrencia | 1 ano |
Número de edición | 13 |
A Copa de Feiras, a pesar de ser considerada a competición precursora da UEFA Europa League (coñecida ata o 2009 co nome de Copa da UEFA), non está contabilizada nin a nivel estatístico nin de palmarés[2][3] no ámbito das competicións de clubs da UEFA, ao non estar afiliada a devandita institución.[4]
O club con máis títulos é o Fútbol Club Barcelona con tres.
Historia
editarA pesar que a idea inicial era que os participantes fosen seleccións de cidades, e non clubs destas cidades, a realidade desde o principio foi a contraria. Barcelona xa competiu na primeira edición con xogadores unicamente do FC Barcelona, e ata cunha vestimenta azul e grana. A maioría do resto de cidades tamén se representaron cos principais equipos da súa cidade, e non cunha selección de diversos equipos. O campión da primeira edición foi o Barcelona, que se impuxo en partido a dobre volta á selección de Londres (equipo afeccionado) por un total de 8:2.
Para a segunda edición introducíronse cambios. Concibiuse un torneo de duración menor, dous anos (1958/1960), no que os equipos xa se enfrontarían en eliminatorias, segundo sorteo, con partidos de ida e volta. Os participantes debían seguir sendo equipos pertencentes a cidades con feiras, pero xa non tiñan que ser seleccións da cidade, senón clubs. A partir da terceira edición (1961), a competición pasou a ser anual, e foi ampliando o número de equipos participantes ata superar os 60 nas súas últimas edicións. Desde 1968, os equipos pasaron a clasificarse pola súa posición nas ligas dos seus respectivos países.
Finalmente a UEFA tomou o control do torneo e decidiu substituílo por unha nova competición, cun novo trofeo e novas regras: a Copa da UEFA. A da tempada 1970/1971 foi, así, a última edición da Copa de Feiras. O 22 de setembro de 1971 disputouse un partido único para definir quen tería en propiedade o trofeo, entre o primeiro club que o gañou, o FC Barcelona, e o último campión, o Leeds United. Neste torneo, denominado Copa de Campións de Feiras, venceu o FC Barcelona por un marcador final de 2:1, nun partido disputado no Camp Nou.
Durante os primeiros anos, a Copa de Feiras foi dominada polos equipos españois, ao gañala o Barcelona en tres edicións, o Valencia en dúas e o Real Zaragoza nunha. Non foi ata 1968 cando un equipo do norte de Europa, o Leeds United, conquistou o trofeo, marcando así un período de dominio do fútbol inglés nas últimas edicións da competición.
Historial de finais
editarEn letra grosa o resultado no campo do campión.
Temporada | Campión | Subcampión | Ida | Volta |
---|---|---|---|---|
1955/58 | Barcelona | Londres XI | 2-2 | 6-0 |
1958/60 | Barcelona | Birmingham City | 0-0 | 4-1 |
1960/61 | AS Roma | Birmingham City | 2-2 | 2-0 |
1961/62 | Valencia | Barcelona | 6-2 | 1-1 |
1962/63 | Valencia | Dinamo Zagreb | 1-2 | 2-0 |
1963/64 | Zaragoza | Valencia | 2-1 | * |
1964/65 | Ferencváros | Juventus | 1-0 | * |
1965/66 | Barcelona | Zaragoza | 0-1 | 4-2 |
1966/67 | Dinamo Zagreb | Leeds United | 2-0 | 0-0 |
1967/68 | Leeds United | Ferencváros | 1-0 | 0-0 |
1968/69 | Newcastle United | Újpest Dózsa | 3-0 | 2-3 |
1969/70 | Arsenal | Anderlecht | 3-1 | 3-0 |
1970/71 | Leeds United | Juventus | 2-2 | 1-1 |
(*) Finais a partido único.
Palmarés
editarPor equipos
editarEquipo | País | Títulos | Subcampionatos | Anos campión |
---|---|---|---|---|
Barcelona | España | 3 | 1 | 1958, 1960 e 1966 |
Valencia | España | 2 | 1 | 1962 e 1963 |
Leeds United | Inglaterra | 2 | 1 | 1968 e 1971 |
Zaragoza | España | 1 | 1 | 1964 |
Ferencváros | Hungría | 1 | 1 | 1965 |
Dinamo Zagreb | Croacia | 1 | 1 | 1967 |
AS Roma | Italia | 1 | 0 | 1961 |
Newcastle United | Inglaterra | 1 | 0 | 1969 |
Arsenal | Inglaterra | 1 | 0 | 1970 |
Birmingham City | Inglaterra | 0 | 2 | |
Juventus | Italia | 0 | 2 | |
Londres XI | Inglaterra | 0 | 1 | |
Újpest | Hungría | 0 | 1 | |
Anderlecht | Bélxica | 0 | 1 |
Por países
editarPaís | Títulos | Subcampionatos |
---|---|---|
España | 6 | 3 |
Inglaterra | 4 | 4 |
Italia | 1 | 2 |
Hungría | 1 | 2 |
Croacia | 1 | 1 |
Bélxica | 0 | 1 |
Estatísticas
editarEquipos españois
editarEquipo | Participacións | Gañador |
---|---|---|
FC Barcelona | 11 | 3 |
Valencia CF | 9 | 2 |
Real Zaragoza | 5 | 1 |
Athletic Club | 5 | |
Atlético de Madrid | 2 | |
RCD Espanyol | 2 | |
Sevilla FC | 2 | |
UD Las Palmas | 1 | |
CE Sabadell | 1 | |
Real Betis | 1 |
Notas
editar- ↑ uefa.com, ed. (2009). "Historia da Copa Europa League". Arquivado dende o orixinal o 20 de decembro de 2006. Consultado o 20 de agosto de 2009.
- ↑ Elmundodeportivo.es, ed. (2003). "Un dilema histórico". Consultado o 26 de setembro de 2003.
- ↑ Elmundodeportivo.es, ed. (1992). "O Barça, gran atracción do sorteo". Consultado o 16 de xullo de 1992.
- ↑ uefa.com, ed. (2009). "A Copa da UEFA da A á Z". Arquivado dende o orixinal o 22 de maio de 2009. Consultado o 29 de maio de 2009.