Rally da Coruña de 1991

proba automobilística

O Rally da Coruña de 1991 foi a 9ª edición de dito rally. Foi a sétima proba da tempada 1991 do Campionato de Galicia de Rally e foi puntuable tamén para a Copa de España. Celebrouse o 25 de agosto de 1991 e o vencedor foi o asturiano Daniel Alonso.[1]

Rally Cidade da Coruña de 1991
CategoríaEspaña España
Galicia Galicia
OrganizadorEscudería La Coruña
ÁmbitoNacional
Rexional
SuperficieAsfalto
Gañadores
Piloto campiónEspaña Daniel Alonso
AnteriorRally da Coruña de 1990
SeguinteRally da Coruña de 1992

ResumoEditar

O canario "Carlos" foi o máis rápido nos treitos diúrnos, pero o seu Mercedes 190E comezou a fallar nos treitos nocturnos e viuse adiantado polo Ford Sierra Cosworth do asturiano Daniel Alonso. Finalmente o motor do Mercedes parou na segunda pasada por Meirama, polo que Alonso conseguiu comodamente a vitoria nun rally que xa ganara dous anos antes. Ademais foi o máis rápido nos tres dos catro treitos que restaban por disputarse. Tamén Manuel Senra abandonou na sección nocturna, ao sufrir unha saída de pista e un problema mecánico no primeiro dos treitos que a conformaban, Soandres, cando ocupaba a terceira posición. Gonzalo Arche estaba segundo tras o abandono de "Carlos" pero perdeu a posición en favor do berciano Antonio Garrido, que quedou finalmente segundo. Miguel Dopico, sobre un Peugeot 309 GTI 16v, chegou á meta en cuarta posición.[1]

ClasificaciónEditar

Pos Piloto Copiloto Vehículo Tempo
1   Daniel Alonso   Salvador Belzunces Ford Sierra Cosworth 1h33'17''
2   Antonio Garrido   Humberto González Ford Sierra Cosworth 1h33'21''
3   Gonzalo Arche   Ana Arche Renault Clio 1h37'49''
4   Miguel Dopico Peugeot 309 GTI 16v
5
6
7
8   Juan Carlos Táboas Citroën AX Sport
9
10
11   Ricardo Vidal Peugeot 205 GTI
Abandonos
-   Manuel Senra   José Maceiras Peugeot 205 GTI -
-   Carlos Totoricagüena Mercedes-Benz 190E 2.3 16v -
-   Arturo Rial   Mario Pazos Citroën AX Sport

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 Arévalo, Fernando (26 de agosto de 1991). "Alonso obtuvo su segundo triunfo en el Rally de La Coruña". La Voz de Galicia (en castelán). p. 37. 


Predecesor:
Rally Rías Baixas
 Campionato de Galicia de Rally 
Tempada 1991
Sucesor:
Rally de Vigo