Rally da Coruña de 1990

proba automobilística

O Rally da Coruña de 1990 foi a 18ª edición de dito rally e a penúltima proba da tempada 1990 do Campionato de Galicia de Rally. Celebrouse o 17 de novembro de 1990 e o vencedor foi Germán Castrillón, con Estrella Castrillón como copiloto, sobre un Ford Sierra Cosworth.[1] Con esta vitoria proclamáronse campións de Galicia por primeira vez.

Rally da Coruña de 1990
CategoríaGalicia Galicia
OrganizadorSenra Sport
Siroco Team Narón
Escudería La Coruña
ÁmbitoRexional
SuperficieAsfalto
Gañadores
Piloto campiónGalicia Germán Castrillón
AnteriorRally da Coruña de 1989
SeguinteRally Mil Vistas de 1991

Foi o primeiro rally celebrado no concello de Muros e arredores e fíxose posible despois de que a Escudería Centollo lle cedese a Senra Sport os dereitos de uso do nome de "Rally da Coruña". Foi organizado por Senra Sport coa colaboración de Siroco Team Narón e a Escudería La Coruña.[1] Celebrouse uns meses despois do 8º Rally Cidade de Cristal na Coruña, tamén puntuable para o campionato galego.

En 1991 este rally pasou a chamarse Rally Mil Vistas mentres que na Coruña celebrouse o 9º Rally da Coruña, ao obter a Escudería La Coruña os dereitos do nome e rebautizar o rally que viñan celebrando co nome de "Rally Cidade de Cristal".

ItinerarioEditar

O rally constaba de 78 quilómetros cronometrados (366 contando os enlaces) repartidos en cinco treitos diferentes (Carnota, Muros, O Ézaro, Dumbría e Vimianzo) a dúas pasadas cada un excepto o de Muros que se disputou a tres pasadas.[2] O treito de Carnota constou de 4,9 km, comezando a 200 metros da igrexa de San Mamede e rematando en Cubelo. O treito de Muros, de 11 km percorreu a estrada de Muros ás Paxareiras, comezando a dous quilómetros de Muros e rematando a cinco das Paxareiras. O terceiro treito, O Ézaro, tamén de 11 km, foi dende a presa do Ézaro ata O Furiño. O treito D, Dumbría, comezou en Vilar de Colúns e rematou en Olveira sumando 3,5 km. O último treito, Vimianzo, sumou outros 3,5 km, comezando en Pasarela e rematando a 500 metros da estrada de Vimianzo a Baio.[3]

Con todo, a primeira pasada polo treito de Dumbría foi anulada pola ausencia do guindastre.[1]

ResumoEditar

Manuel Senra e José Maceiras, a bordo do seu Peugeot 205 GTI foron os primeiros líderes do rally ao gañar no treito inicial de Carnota. O máis rápido no segundo treito foi Germán Castrillón, sacándolle oito segundos a Senra e arrebatándolle a primeira praza. Castrillón sacoulle outros 15 segundos no primeiro treito do Ézaro mentres que na primeira primeira pasada por Vimianzo Senra recortoulle tres segundos. Deste xeito na neutralización de Vimianzo o líder era Castrillón, con 15 segundos sobre Senra, mentres que José Luis Montero e Antonio Garrido loitaban pola terceira praza despois do abandono de Peitos ao romper a carcasa do cambio.[1] Na segunda parte do rally Castrillón volveu sacarlle 16 segundos máis a Senra no Ézaro e mantivo a posición nos treitos restantes, logrando así a súa cuarta vitoria consecutiva[4] e o seu primeiro título de campión de Galicia.[5] Detrás de Senra chegaron os lucenses Montero e José Manuel López Parada despois de que Garrido picase unha roda e caese á quinta posición.[1]

Parada foi tamén o primeiro da Copa Renault mentres que na Citroën Challenge o vencedor foi José María Banga. Na Copa Mabor o gañador foi Amador Vidal cun Peugeot 205 Rallye, e o segundo Juanjo Pérez, que con este resultado proclamouse campión da Copa no ano 1990.[1]

ClasificaciónEditar

Pos Piloto Copiloto Vehículo
1   Germán Castrillón   Estrella Castrillón Ford Sierra Cosworth
2   Manuel Senra   José Maceiras Peugeot 205 GTI
3   José Luis Montero   Eladio Anllo Lancia Delta Integrale
4   José M. López Parada Renault 5 GT Turbo
5   Antonio Garrido Ford Sierra Cosworth
Abandonos
-   Peitos Citroën AX Sport


NotasEditar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 Arévalo, Fernando (19 de novembro de 1990). "Castrillón aún no se ve campeón gallego de rallies". La Voz de Galicia (en castelán). p. 44. 
  2. Arévalo, Fernando (5 de novembro de 1990). "Senra Sport organizará el Rally de La Coruña, el próximo día 17". La Voz de Galicia (en castelán). p. 43. 
  3. "Cincuenta pilotos participarán en el rally que transcurrirá por Dumbría y Vimianzo". La Voz de Galicia (en castelán). 15 de novembro de 1990. p. 52. 
  4. "Germán Castrillón casi se aseguró el título gallego al ganar también el rally de La Coruña". La Voz de Galicia (en castelán). 18 de novembro de 1990. p. 53. 
  5. "Mañana se cierra la inscripción para el Rally de Ferrol, último del campeonato gallego". La Voz de Galicia (en castelán). 26 de novembro de 1990. p. 42. 


Predecesor:
Rally San Froilán
 Campionato de Galicia de Rally 
Tempada 1990
Sucesor:
Rally de Ferrol