San Mamede de Carnota, Carnota

parroquia civil do concello de Carnota

San Mamede de Carnota é unha parroquia do concello coruñés de Carnota, situado entre Santa Comba e O Pindo. En 2010 tiña 1.320 habitantes (600 homes e 720 mulleres).[2]

San Mamede de Carnota
Igrexa parroquial
ConcelloCarnota[1]
ProvinciaA Coruña
Coordenadas42°51′12″N 9°04′49″O / 42.85333333, -9.08027778
Poboación1.079 hab. (2017)
Entidades de poboación31[1]
editar datos en Wikidata ]

Patrimonio

editar

A súa igrexa parroquial foi construída en 1755 e deseñada polo arquitecto Miguel Ferro Caaveiro. De estilo neoclásico, ten planta de cruz latina. Varios dos retablos foron creados polos mestres composteláns Francisco Nogueira e Pablo de Rosende, pero destaca sobre todo o labrado polos escultores noieses Xosé Ferreiro e Xosé Gambino. A entrada atópase rodeada de lápidas que, seguindo o costume popular, están orientadas cara ao altar.

Galería de imaxes

editar

Lugares e parroquias

editar

Lugares de San Mamede de Carnota

editar
Lugares da parroquia de San Mamede de Carnota no concello de Carnota (A Coruña)

Adraño | Caldebarcos | Canedo | Capelán | O Carracedo | Castelo | Cornido | As Cruces | Cubelo | As Estañeiras | Fetós | Freán | A Gándara de Caldebarcos | A Igrexa | Louredo | O Outeiro | Panchés | Parada | Peralbar | A Perecha | Piñeiros | A Rateira | O Rego da Leña | Riazón | O Rieiro | San Cibrán | Vadebois | Vilar de Parada | Vilares | O Viso | Xestoso

Parroquias de Carnota

editar
Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Carnota

Lariño (San Martiño) | Lira (Santa María) | O Pindo (San Clemente) | San Mamede de Carnota (San Mamede) | Santa Comba de Carnota (Santa Comba)

  1. 1,0 1,1 DECRETO 189/2003, do 6 de febreiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia da Coruña.
  2. IGE (ed.). "IGE - Nomenclátor de Galicia" (en en galego). Arquivado dende o orixinal o 30 de decembro de 2020. Consultado o 19 de marzo de 2012. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar