Lariño, Carnota

parroquia civil do concello de Carnota

San Martiño de Lariño é unha parroquia situada ao sur do concello de Carnota. Segundo o IGE en 2018 tiña 444 habitantes (221 homes e 223 mulleres), distribuídos en 2 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 646 habitantes. Nos últimos anos, a natalidade está a baixar mentres que a poboación componse principalmente por persoas da terceira idade.

Lariño
Lariño, Carnota.jpg
Igrexa parroquial.
ConcelloCarnota[1]
ProvinciaA Coruña
Coordenadas42°46′33″N 9°06′58″O / 42.7759, -9.1161Coordenadas: 42°46′33″N 9°06′58″O / 42.7759, -9.1161
Poboación444 hab. (2018)
Entidades de poboación2[1]
editar datos en Wikidata ]

PatrimonioEditar

 
Faro de Lariño.

Ademais do seu patrimonio natural, como a súa praia de 1.870 m, ten diferentes construcións, tanto civís (pombais, cabaceiras, o faro de Lariño) como relixiosas (cruceiros e a igrexa parroquial). Dita igrexa levántase sobre os restos dunha antiga ermida. Presenta planta de cruz latina cunha nave principal dividida en tres espazos por arcos de medio punto cun coro de grandes proporcións.

Galería de imaxesEditar

Lugares e parroquiasEditar

Lugares de LariñoEditar

Lugares da parroquia de Lariño no concello de Carnota (A Coruña)

A Gándara | Lariño

Parroquias de CarnotaEditar

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Carnota

Lariño (San Martiño) | Lira (Santa María) | O Pindo (San Clemente) | San Mamede de Carnota (San Mamede) | Santa Comba de Carnota (Santa Comba)

NotasEditar

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar