Lira, Carnota

parroquia civil do concello de Carnota

Coordenadas: 42°47′58″N 9°07′35″O / 42.79944, -9.12639

Santa María de Lira é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Carnota. Segundo o IGE en 2011 tiña 952 habitantes (478 homes e 474 mulleres), distribuídos en 9 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 1.115 habitantes.

Lira
Horreo de lira.jpg
Hórreo de Lira.
ConcelloCarnota[1]
ProvinciaA Coruña
Poboación821 hab. (2017)
Entidades de poboación9[1]
editar datos en Wikidata ]

XeografíaEditar

Está situada entre Lariño e Carnota. Lira posúe numerosas praias, como a praia de Mar de Lira (bandeira azul), ou as de Ximprón, A Gavota, Susiños e Ardileiro.

A actividade económica baséase no sector primario, sobre todo marisqueo e pesca, sendo moi famosos os ourizos da pedra mariña. Hai un porto pesqueiro no lugar de Portocubelo, podendo atopar no seu peirao muxos, maragotas e santiaguiños.

Nos últimos anos, dende o afundimento do petroleiro Prestige vense a desenvolver unha importante actividade arredor da protección e explotación dos recursos mariños da parroquia. Creouse a Reserva Mariña dos Miñarzos[2], co fin de evitar a deterioración da costa e a sobreexplotación pesqueira a que estaba sometida. As medidas tomadas foron a delimitación da zona de protección integral para mellorar a desova dos crustáceos, e a protección dos fondos rochosos e areentos, ademais dos mantos de laminarias, outras algas e esponxas para que os peixes, equinodermos, crustáceos e moluscos se desenvolvan e reproduzan na reserva.

PatrimonioEditar

CulturaEditar

Creouse a iniciativa Mardelira[5] por parte da Confraría de Pescadores de Lira para dinamizar o contorno social da comunidade pescadora coa creación de talleres de pesca, o turismo mariñeiro, a pesca deportiva sostible.

FestasEditar

  • Remedios Novos: Martes de Pascua.
  • Remedios Vellos: O sétimo martes posterior ao Martes de Pascua.
  • Festa do Mar: 15 de agosto.

Galería de imaxesEditar

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 DECRETO 189/2003, do 6 de febreiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia da Coruña.
  2. Redenatura.org. "Reserva Mariña de Os Miñarzos". Consultado o 19/05/2015. 
  3. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 10 de marzo de 2016. Consultado o 10 de marzo de 2016. 
  4. Torre dos Mouros
  5. Mardelira.net. "Mardelira". Arquivado dende o orixinal o 29/11/2013. Consultado o 19/05/2015. 

Lugares e parroquiasEditar

Lugares de LiraEditar

Lugares da parroquia de Lira no concello de Carnota (A Coruña)

Agrovello | A Beirada | O Carballal | Lira | Miñarzo | Paus | O Pazo | Portocubelo | Rates | Romarís | A Rúa | Sestelos | Sofán | Teixoeira

Parroquias de CarnotaEditar

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Carnota

Lariño (San Martiño) | Lira (Santa María) | O Pindo (San Clemente) | San Mamede de Carnota (San Mamede) | Santa Comba de Carnota (Santa Comba)

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar