Portocubelo, Lira, Carnota

lugar da parroquia de Lira, no concello de Carnota

Portocubelo é un lugar da parroquia de Lira no concello coruñés de Carnota na Comarca de Muros. Tiña 52 habitantes no ano 2009 segundo datos do INE,[1] dos cales eran 23 homes e 29 mulleres.

Portocubelo

A lonxa de Portocubelo, cos barcos pesqueiros en primeiro termo.
ParroquiaLira
ConcelloCarnota
Poboación62 hab. (2017)
editar datos en Wikidata ]
Porto de Portocubelo

Xeografía editar

Está situado na zona marítima de Carnota mirando cara ao océano Atlántico. Posúe un pequeno porto pesqueiro cunha lonxa onde se vende o peixe mediante poxa, ademais tamén se vende por Internet. No lugar de Portocubelo chamado "a beirada", atópase un pequeno museo no que recollen os aparellos de pesca típicos xunto coas súas propias embarcacións.

Portocubelo comprende as seguintes zonas:

  • O Porto: lugar onde se encontran as embarcacións e a actividade pesqueira. Nel atópase unha lonxa para o comercio marítimo.
  • A Gavota: lugar situado moi cerca do Porto no que se atopan grandes cantidades de aves marítimas e peixes debido aos condutos de purificación da auga da piscifactoría. Este lugar é moi prezado polos pesqueiros.
  • Ximprón: praia de pequenas dimensións pero de moi grande importancia para os veciños de Lira. A raíz do desastre do Prestige esta pequena praia foi unha das máis afectadas.
  • Ardeleiro: nesta zona existen os restos dunha fábrica de conservas e unha praia nos arredores. En 1966, neste lugar, un barco da Armada española, o Ariete, estivo a piques de naufragar cos seus tripulantes, mais coa axuda dos habitantes de Lira estes sobreviviron á desgraza. Por mor deste acto, o escudo do concello de Carnota leva o lema de Moi Humanitario e mandaron facer un porto en Portocubelo.
  • Os Susiños: lugar preto de Lariño no que se encontra unha fonte de pedra.

Lugares e parroquias editar

Lugares de Lira editar

Lugares da parroquia de Lira no concello de Carnota (A Coruña)

Agrovello | A Beirada | O Carballal | Lira | Miñarzo | Paus | O Pazo | Portocubelo | Rates | Romarís | A Rúa | Sestelos | Sofán | Teixoeira

Parroquias de Carnota editar

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Carnota

Lariño (San Martiño) | Lira (Santa María) | O Pindo (San Clemente) | San Mamede de Carnota (San Mamede) | Santa Comba de Carnota (Santa Comba)

Notas editar