Castro de Mallou

poboado fortificado en Carnota

Coordenadas: 42°48′27″N 9°06′04″O / 42.8075, -9.1011111111111

O Castro de Mallou é un poboado castrexo situado no concello de Carnota, nun outeiro preto da praia de Carnota.

Castro de Mallou
ParroquiaSanta Comba de Carnota
ConcelloCarnota
ProvinciaA Coruña
Comunidade autónomaGaliza
Id. catálogoGA15020016
Cronoloxía
Datas de ocupaciónIdade de ferro
Períodos de escavación2006 e 2007, escavado actualmente
Estado actualescavación e estudo
Extensión estimada1,4 ha.
Véxase tamén
Castros de Galiza

Descrición editar

 
Vista dende o castro.

O castro está situado nun outeiro duns 120 metros de altitude. O lugar está ligado co aproveitamento do agro e do mar. O cumio do outeiro foi feito chan para o mellor aproveitamento quedando unha planta rectangular. O castro ten unha soa croa percorrida por un só foxo e unha segunda muralla. Hai outra muralla no acceso a xeito de parapeto. Mide de norte a sur uns 110 metros por uns 60 de leste a oeste[1].

No acceso á croa hai dúas torres defensivas. Dentro da croa hai vivendas e/ou construcións auxiliares de dous tipos morfolóxicos:

  • Construcións circulares comúns cunha superficie media de 15 m², eixos de 5 m. de media.
  • Construcións alongadas, un 40% das existentes, superficie media de 23,8 m², e eixos de 7,2 m, todas elas preto da muralla.

Este castro foi escavado nos anos 2006 e 2007 nos campos de traballo organizados pola Dirección Xeral de Xuventude da Xunta de Galicia. Posteriormente no ano 2013 limpouse o castro e fixéronse máis escavacións nunha acción de arqueoloxía pública dirixida por Antón Malde e Manuel Gago Mariño.[2]

Notas editar

  1. Castro de Mallou na páxina web colaborativa Patrimonio Galego.
  2. "Web do sitio arqueolóxico do Castro de Mallou". Arquivado dende o orixinal o 16 de xullo de 2013. Consultado o 26 de agosto de 2013. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar