Abrir o menú principal

Santa Comba de Carnota, Carnota

parroquia civil do concello de Carnota

Coordenadas: 42°49′24″N 0°05′26″O / 42.82333, -0.09056

Santa Comba de Carnota
SantaColumbaCarnotaSolpor.png
Solpor sobre a praia de Carnota coa igrexa de Santa Comba e o cemiterio.
ConcelloCarnota
Poboación1.018 hab. (2013)
Entidades de poboación9

Santa Comba de Carnota é unha parroquia que se localiza no centro do concello de Carnota. Segundo o IGE en 2013 tiña 1.018 habitantes (542 mulleres e 476 homes), distribuídos en 9 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 1.299 habitantes.

PatrimonioEditar

A igrexa parroquial foi construída en 1755, substituíndo unha románica anterior, de reducidas dimensións. Forma un conxunto monumental co hórreo, a casa reitoral e o pombal de planta circular. É de estilo barroco clasicista, de planta de cruz latina, con dúas naves laterais. O retablo é obra do escultor Ferreiro. A elevada torre engadiuse no século XIX, e a súa autoría atribúese a Carlos Aboy.

Galería de imaxesEditar

Artigo principal: Galería de imaxes de Carnota.

Lugares e parroquiasEditar

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar