Panchés, San Mamede de Carnota, Carnota
Panchés é unha aldea da parroquia de San Mamede de Carnota no concello coruñés de Carnota.Segundo datos do IGE do 2009 ten 118 habitantes (51 homes e 67 mulleres). Limita ao norte co lugar da Curra e ao sur co lugar de Caldebarcos.
Panchés | |
---|---|
Vista de Panchés dende o Outeiro do Lobo | |
Parroquia | San Mamede de Carnota |
Concello | Carnota |
Coordenadas | 42°51′20″N 9°08′01″O / 42.855517902132, -9.1336789411318 |
Poboación | 79 hab. (2017) |
[ editar datos en Wikidata ] |
Xentilicio
editarO seu xentilicio é o mesmo que o propio topónimo: panchés[1].
Lugares de interese
editarO principal atractivo de Panchés reside nunha arquitectura tradicional galega con casas de pedra e hórreos (cabaceiras) graníticos. As vistas dende o lugar cara ao Atlántico permiten albiscar o faro de Fisterra e máis a praia de Carnota.
Está situado tamén moi próximo á Moa, monte situado dentro da zona especial de conservación (ZEC) Carnota - Monte Pindo da Rede Natura 2000[2][3].
Praias
editarPosúe varias praias: a principal, a Praia da Insuela e dúas enseadas, a Praia do Gramelo e o Rego da Braña, de grande interese pesqueiro e sobre todo marisqueiro: percebes, mexillón, centola, nécora, ourizos, boi de mar, e outros.
Galería de imaxes
editar- Artigo principal: Galería de imaxes de Carnota.
-
Vistas do Rego da Braña
-
Panches coa Moa ao fondo
-
Cabaceiras
-
Arquitectura integrada coa tradicional
-
Solpor no Cabo Fisterra
-
A Moa
-
Botes na Insuela
-
Praia da Insuela
-
Praia da Insuela
-
Vista xeral do Gramelo
Lugares e parroquias
editarLugares de San Mamede de Carnota
editarLugares da parroquia de San Mamede de Carnota no concello de Carnota (A Coruña) | |
---|---|
Adraño | Caldebarcos | Canedo | Capelán | O Carracedo | Castelo | Cornido | As Cruces | Cubelo | As Estañeiras | Fetós | Freán | A Gándara de Caldebarcos | A Igrexa | Louredo | O Outeiro | Panchés | Parada | Peralbar | A Perecha | Piñeiros | A Rateira | O Rego da Leña | Riazón | O Rieiro | San Cibrán | Vadebois | Vilar de Parada | Vilares | O Viso | Xestoso |
Parroquias de Carnota
editarGalicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Carnota | |
---|---|
Lariño (San Martiño) | Lira (Santa María) | O Pindo (San Clemente) | San Mamede de Carnota (San Mamede) | Santa Comba de Carnota (Santa Comba) |
Notas
editar- ↑ "Xentilicios_0.pdf" (PDF). p. 31. Consultado o 22 de xullo de 2021.
- ↑ "Carnota - Monte Pindo, Código do ZEC ES1110008. Conselleraría de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio. Xunta de Galicia". Arquivado dende o orixinal o 17 de setembro de 2017. Consultado o 2017-07-06.
- ↑ Información ambiental, valoración e zonificación do espazo natural. Anexo IV Espazos da Área Litoral. Plan Director da Rede Natura 2000 de Galicia. Anexo IV: Espazos da Área Litoral. LIC Carnota-Monte Pindo
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Panchés, San Mamede de Carnota, Carnota |