Nécora
Nécora Necora puber | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() | |||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||
Necora puber (Linnaeus, 1767) | |||||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||||
|
A nécora[1] (Necora puber) coñecida tamén como navalleira (no sur de Galicia)[1][2] e como andarica (na costa norte de Galicia, e en Asturias)[1][2][3], Necora puber, é un crustáceo decápodo braquiúro da familia dos portúnidos (Portunidae) moi apreciado gastronomicamente e que se dá en relativa cantidade nas rías galegas. O xénero foi descrito por N. B. Holtius en 1987.[4]
CaracterísticasEditar
As principais características da nécora son as seguintes:[5]
- Casca (cacho) case oval, máis ancha que longa e algo aplanada, moi pubescente [6]
- Rexión frontal con aproximadamente 10 dentes, dispostos irregularmente, sendo os dous centrais en xeral máis anchos que os demais.
- Os ollos son vermellos.
- Quelípodos (primeiro par de pata, rematados en pinzas) semellantes, robustos e pubescentes.
- Segundo a quinto par de pereiópodos (patas marchadoras) robustos; as do quinto par, aplanadas e prolongadas por pelos máis longos, adaptadas á natación.
- Abdome do macho cos segmentos terceiro a quinto fusionados, libres na femia.
- Cor parda avermellada, con manchas azuladas e vermellas nas patas.
- Nos exemplares capturados en Galicia, o ancho da casca chega até os 10,2 cm nos machos e aos 9 cm nas femias.
Hábitat e bioloxíaEditar
Habita nas costas, principalmente en zonas con fondos rochosos e nos polígonos de bateas mexilloeiras (que teñen, en xeral, os fondos moi transformados e con abundancia de lama), desde o litoral até os 70 m de profundidade. os individuos xuvenís abundan en zonas de area a pouca profundidade, mesmo na zona intermareal.[5]
Aliméntase de algas pardas, pequenos crustáceos e peixes mortos. Ás veces chegan a devorar outras nécoras.
DistribuciónEditar
Atlántico oriental, desde a costa oeste de Noruega até o Sáhara (incluíndo o Mediterráneo e o mar Negro).[5]
En GaliciaEditar
É unha especie abundante en toda Galicia, onde se captura principalmente con nasas e tamén con artes de arrastre.[5]
En Galicia, ademais das que se pescan na costa, véndense tamén outras procedentes de Inglaterra, a Bretaña e Irlanda. As que se apañan en Galicia distínguense, segundo algúns,[quen?] pola cor do cacho e a súa textura, que é suave, sendo as de fóra máis lisas e cun veludo máis fino que o das galegas.
A veda en Galicia adoita coincidir cos seis primeiros meses do ano.[7]
Usos: GastronomíaEditar
O principal uso da nécora é gastronómico. Adoita prepararse simplemente cocida en auga con sal nas zonas costeiras do Atlántico nororiental, Galicia (onde á auga para cocelas adoita engadirse unha folla de loureiro), Asturias, Cantabria, País Vasco, así como na parte occidental de Francia, e en Irlanda e Inglaterra.
"Non sei se saben que a Picadillo esquecéronselle as nécoras. Salvo nque as metera onde dí: «Cangrejos: tanto los cangrejos de mar como de río son de escasa importancia. No se comen más que cocidos, y generalmente se sirven como entremés». A verdade é que hai as nécoras e que son un dos froitos máis sabrosos do mar. Unha boa nécora femia, de febreiro ou abril, ben chea, cos seus coráis, é do millor do millor"A. Cunqueiro, A cociña galega, pp. 74-75.
Galería de imaxesEditar
NotasEditar
- ↑ 1,0 1,1 1,2 "nécora no dicionario da [[RAG]].". Arquivado dende o orixinal o 18 de novembro de 2013. Consultado o 28 de decembro de 2012.
- ↑ 2,0 2,1 Ríos Panisse, M. C. (1977), p. 46.
- ↑ Dicionario de dicionarios
- ↑ Holthuis, N. B. (1987): "Necora, a new genus of european swimming crabs (Crustacea Decapoda, Portunidae) and its type species, Cancer puber L., 1767." Zool. Med. Leiden, vol. 61, nº 1, pp.1-14 (texto orixinal).
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 González Gurriarán e Méndez (1985), p.81.
- ↑ Ao que alude o seu nome específico, puber, do latín pūbēr, -ēris, "viril" —no sentido de "non neno"—, relacionado con pūbens, -entis, "cuberto de pelo", que lle deu Linneo.
- ↑ "La nécora entra en veda en Galicia tras cerrar uno de los peores años de la década" Diario Faro de Vigo, 5/01/2012.
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Nécora |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Nécora |
Vexa a entrada do Galizionario acerca de nécora |
BibliografíaEditar
- Cunqueiro, Álvaro (1973): A cociña galega. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-7154-181-5.
- González Gurriarán, Eduardo e Matilde Méndez G. (1985): Crustáceos decápodos das costas de Galicia. I. Brachyura. Publicacións do Seminario de Estudos Galegos. Sada (A Coruña): Ediciós do Castro. ISBN 84-7492-242-9.
- Ramonell, Rosa (1985): Guía dos mariscos de Galicia. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-7154-506-3.
- Ríos Panisse, Mª C. (1977): Nomenclatura de la flora y la fauna marítimas de Galicia. I. Invertebrados y peces. Verba, Anejo 7. Santiago de Compostela: Universidad de Santiago de Compostela. ISBN 84-7191-008-X.
- Sueiro, Jorge-Víctor (1981): Manual del marisco. (Prólogo: Domingo García Sabell. Epílogo: Luis Caparrós). Madrid: Penthalon Ediciones. ISBN 84-85337-49-2.
- Sueiro, Jorge-Víctor (1981): Comer en Galicia. (Prólogo: Álvaro Cunqueiro). Madrid: Penthalon Ediciones. ISBN 84-85337-32-8.
Outros artigosEditar
Ligazóns externasEditar
- Necora puber en MarLIN. (en inglés) Consultada o 28/12/2012.
- Necora puber en Mareis. (en francés) Inclúe informacións dobre a bioloxía e mapa de distribución. Consultada o 28/12/2012.
- Ficha en pescaderiascorunesas.es (en castelán)