Portúnidos
Portunidae

Liocarcinus depurator
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Arthropoda
Subfilo: Crustacea
Clase: Malacostraca
Orde: Decapoda
Suborde: Pleocyemata
Infraorde: Brachyura
Superfamilia: Portunoidea
Familia: Portunidae
Rafinesque, 1815 [1]
Subfamilias
  • Caphyrinae Guérin, 1832
  • Carcininae MacLeay, 1838
  • Carupinae Paul'son, 1875
  • Podophthalminae Dana, 1851
  • Polybiinae Ortmann, 1893
  • Portuninae Rafinesque, 1815
  • Thalamitinae Paul'son, 1875

A dos portúnidos (Portunidae) é unha familia de crustáceos decápodos braquiúros que inclúe os chamados cangrexos nadadores, dos que os máis coñecidos son o cangrexo común ou cangrexo propiamente dito (Carcinus maenas)[2][3], a nécora (Necora puber), o pateiro ou patexo (Polybius henslowii)[3][4] e o queimacasas (Pachygrapsus marmoratus).[3][5]

Descrición editar

Os cangrexos da familia dos portúnidos caracterízanse polo achatamento do quinto par de patas, de xeito que forman estruturas alargadas que funcionan como pás para a natación.[6]

Esta adaptación, unida á de posuíren fortes pinzas aguzadas, fai que moitas das especies da familia sexan depredadores rápidos e agresivos.[6].

Taxonomía editar

 
Cangrexo común.
 
Queimacasas.
 
Nécora.
 
Callinectes sapidus.
 
Portunus pelagicus (macho).
 
Chariybdis miles.
 
Chariybdis japonica.
 
Bathynectes longispina.

A delimitación taxonómica da familia dos portúnidos various ao longo dos tempos e continúa a non ser unánime entre os especialistas, xa que algúns autores consideran os grupos taxonómicos "Carcinidae", "Catoptridae" e "Macropipidae" como familias separadas.[1] mentres que outros os consideran como subfamilias de Portunidae.[7]

A familia dos portúnidos atinxe a súa máxima biodiversidade nos océanos Pacífico e Índico.

Subfamilias editar

(Os xéneros extintos están marcados con †)

Caphyrinae Guérin, 1832
Carcininae MacLeay, 1838
Carupinae Paul’son, 1875
Podophthalminae Dana, 1851
Polybiinae Ortmann, 1893
Portuninae Rafinesque, 1815
Thalamitinae Paul’son, 1875
Incertae sedis

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Sammy De Grave, N. Dean Pentcheff, Shane T. Ahyong et al. (2009): "A classification of living and fossil genera of decapod crustaceans" Raffles Bulletin of Zoology Supl. 21 :1–109. PDF Arquivado 06 de xuño de 2011 en Wayback Machine.
  2. Ríos Panisse, M. C. (1977), pp. 28-29.
  3. 3,0 3,1 3,2 Ramonell, Rosa (1985), pp. 245-259.
  4. Ríos Panisse, M. C. (1977), pp. 44-45.
  5. Ríos Panisse, M. C. (1977), pp. 39-41.
  6. 6,0 6,1 P. J. F. Davie (2002). "Portunidae". Crustacea: Malocostraca: Eucarida (Part 2), Decapoda: Anomura, Brachyura. CSIRO Publishing. Volume 19 of Zoological catalogue of Australia, Australia. pp. 442–446. ISBN 9780643056770. 
  7. Peter K. L. Ng, Danièle Guinot & Peter J. F. Davie (2008). "Systema Brachyurorum: Part I. An annotated checklist of extant Brachyuran crabs of the world" (PDF). Raffles Bulletin of Zoology 17: 1–286. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 06 de xuño de 2011. Consultado o 28 de decembro de 2012. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • González Gurriarán, Eduardo e Matilde Méndez G. (1985): Crustáceos decápodos das costas de Galicia. I. Brachyura. Publicacións do Seminario de Estudos Galegos. Sada (A Coruña): Ediciós do Castro. ISBN 84-7492-242-9.
  • Ramonell, Rosa (1985): Guía dos mariscos de Galicia. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-7154-506-3.
  • Ríos Panisse, Mª C. (1977): Nomenclatura de la flora y la fauna marítimas de Galicia. I. Invertebrados y peces. Verba, Anejo 7. Santiago de Compostela: Universidad de Santiago de Compostela. ISBN 84-7191-008-X.
  • McLaughlin, P. A.; Lemaitre, R. & Sorhannus, U. (2007): "Hermit crab phylogeny: a reappraisal and its “fall-out”". Journal of Crustacean Biology, 27 (1): 97-115. Resume
  • Türkay, M. (2001): "Decapoda" en: Costello, M. J. et al. eds. (2001): European register of marine species: a check-list of the marine species in Europe and a bibliography of guides to their identification. París: Muséum national d'Histoire naturelle. Collection Patrimoines Naturels, 50: 284-292. ISBN 2-85653-538-0.

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar