Rally Mil Vistas de 1991

proba automobilística

O Rally Mil Vistas de 1991 foi a segunda edición de dito rally e a penúltima proba da tempada 1991 do Campionato de Galicia de Rally. Celebrouse o 2 de novembro de 1991 e o vencedor foi Germán Castrillón, sobre un Ford Sierra Cosworth.[1]

Rally Mil Vistas de 1991
CategoríaGalicia
LocalizaciónMuros
Carnota
Vimianzo
Dumbría
OrganizadorSenra Sport
ÁmbitoRexional
SuperficieAsfalto
Tramos11
Gañadores
Piloto campiónGalicia Germán Castrillón
AnteriorRally da Coruña de 1990
SeguinteRally Mil Vistas de 1992

Arturo Rial chegou a este rally co título de campión galego case asegurado e asegurouno xa antes da saída, ao non participar Antonio Garrido, o único con posibilidades de impedirllo.

Itinerario editar

Constou de cinco treitos diferentes, con dúas pasadas polos treitos de Carnota, Muros, O Ézaro e Dumbría e tres polo de Muros, estando situadas nesta última vila a saída e a chegada.[2]

Resumo editar

O noiés Arturo Rial proclamouse campión de Galicia por segunda vez xa antes do comezo da proba ao non presentarse o berciano Antonio Garrido, o único que podía arrebatarlle a primeira posición no campionato.[2] No primeiro treito, Carnota, Rial saíu voando por un desnivel e caeu ao río, saíndo ilesos polo portón traseiro do vehículo tanto el como o seu copiloto, José Manuel Pazos. O piloto local Manuel Senra estreaba un Peugeot 309 GTI 16v e con este novo vehículo colocouse líder dende o principio, sacándolle 15 segundos a Germán Castrillón nos tres primeiros treitos. Con todo, despois de cruzar a meta do terceiro treito quedou sen presión do aceite e tivo que retirarse.[3]

Con estes abandonos Castrillón lideraba a proba pero viuse adiantado por Juan Carlos Táboas, despois de que este marcase os mellores tempos nas primeiras pasadas por Dumbría e Vimianzo. Xa na segunda pasada por Vimianzo o Citroën AX Sport de Táboas rompeu un palier e tivo que abandonar. Deste xeito o único rival importante de Castrillón era Javier Piñeiro, que non puido co Ford Sierra Cosworth do cabanés, finalizando en segunda posición.

Miguel Dopico, cun Peugeot 309 GTI, completou o podio, mentres que en cuarta posición chegou Magdaleno e en quinta Moisés Carballeira. Dos 42 pilotos que tomaron a saída, chegaron á meta 27. Entre os abandonos, ademais dos de Senra, Rial e Táboas, estiveron os de Ricardo Vidal e os mecánicos de Senra, Juan Fernández e José Antonio Trillo, que se alternaron o volante dun Peugeot 205 GTI.[3]

Clasificación editar

Pos Piloto Copiloto Vehículo
1   Germán Castrillón   José Manuel López Castrillón Ford Sierra Cosworth
2   Javier Piñeiro   Carlos Cascallar Renault Clio 16v
3   Miguel Dopico   Álvaro Louro Peugeot 309 GTI
4   José María Magdaleno   Mario Labraña Lancia Delta Integrale
5   Moisés Carballeira Peugeot 205 Rallye
6   Javier Paz   Manuel García Citroën AX Sport
Abandonos
-   Manuel Senra   José Maceiras Peugeot 309 GTI
-   Arturo Rial   Mario Pazos Citroën AX Sport
-   Juan Carlos Táboas   Manuel Gilsanz Citroën AX Sport
-   Ricardo Vidal   Juan Carlos Souto Peugeot 205 GTI
-   Juan Fernández
  José Antonio Trillo
Peugeot 205 GTI

Notas editar

  1. Arévalo, Fernando (3 de novembro de 1991). "Castrillón, beneficiado por el abandono de Senra, ganó en Muros el Rally M il Vistas". La Voz de Galicia (en castelán). p. 58. 
  2. 2,0 2,1 "Castrillón, favorito en el rally de Muros, al que Rial llega como campeón gallego". La Voz de Galicia (en castelán). 2 de novembro de 1991. p. 45. 
  3. 3,0 3,1 Arévalo, Fernando (4 de novembro de 1991). "El regreso al futuro de Germán Castrillón". La Voz de Galicia (en castelán). p. 50. 


Predecesor:
Rally San Froilán
 Campionato de Galicia de Rally 
Tempada 1991
Sucesor:
Rally de Ferrol