Rally Cidade de Cristal de 1990

proba automobilística

O Rally Cidade de Cristal de 1990 foi a 8ª edición de dito rally. Foi a sexta proba da tempada 1990 do Campionato de Galicia de Rally e foi puntuable tamén para a Copa de España. Celebrouse na Coruña e arredores entre o 25 e o 26 de agosto de 1990 e o vencedor foi Germán Castrillón.[1]

Rally Cidade de Cristal de 1990
CategoríaEspaña España
Galicia Galicia
OrganizadorEscudería La Coruña
ÁmbitoNacional
Rexional
SuperficieAsfalto
Gañadores
Piloto campiónGalicia Germán Castrillón
AnteriorRally Cidade de Cristal de 1989
SeguinteRally da Coruña de 1991

Foi a última edición co nome "Rally Cidade de Cristal" pasando o ano seguinte a chamarse "Rally Cidade da Coruña". Tamén en 1990 celebrouse en Muros o 18º Rally da Coruña, (que nas seguintes edicións se chamaría "Rally Mil Vistas"), despois de que Senra Sport obtivese da Escudería Centollo os dereitos de organización de dito rally.[2]

Resumo editar

Germán Castrillón e Estrella Castrillón, a bordo do seu Ford Sierra RS Cosworth colocáronse primeiros dende o inicio, seguidos dos cataláns Francesc Ambudio e Antonio Sanchís cun Volkswagen Golf GTI 16v e dos canarios "Carlos" e Heriberto Rodríguez, que conducían un Mercedes-Benz 190E 2.3 16v. Estas tres posicións xa non se moveron en todo o rally. Con todo, no penúltimo treito programado, Carral-Xalo, o coche de Castrillón comezou a ter problemas no palier e Ambudio recuperoulle 36 segundos colocándose a só 6 do galego. Afortunadamente para el, suspendeuse o último treito, a terceira pasada por Soandres, polo que puido conseguir a súa segunda vitoria da tempada.[1]

En cuarta posición quedou o Peugeot 205 GTI de Manuel Senra e José Maceiras, mentres que o lucense José Manuel López Parada chegou en quinto lugar. Con todo, despois da carreira os comisarios excluíron a este último por considerar non válidas algunhas pezas do seu vehículo, polo que a quinta praza final foi para o piloto pontés Lino Otero, mentres que "Peitos" quedou sexto.[1]

Clasificación editar

Pos Piloto Copiloto Vehículo Tempo
1   Germán Castrillón   Estrella Castrillón Ford Sierra RS Cosworth 1:27:38
2   Francesc Ambudio   Antonio Sanchís Volkswagen Golf GTI 16v a 6''
3   "Carlos"   Heriberto Rodríguez Mercedes-Benz 190E 2.3 16v a 1'39''
4   Manuel Senra   José Maceiras Peugeot 205 GTI a 2'55''
5   Lino Otero   Humberto González Renault 5 GT Turbo a 4'14''
6   "Peitos"   Francisco Javier Salgueiro Citroën AX Sport a 5'24''
7   Miguel R. Fontao   Cristóbal Rasilla Peugeot 205 Rallye a 5'43''
8   Javier Paz   Manuel García Citroën AX Sport a 5'54''
9   Fernando González   Alberto González Renault 5 GT Turbo a 6'41''
10   Juan Carlos Táboas   Manuel Gilsanz Citroën AX Sport a 6'54''
Abandonos
-   Arturo Rial   Mario Pazos Citroën AX Sport -
-   Kiko Cima   José Eguibar Renault 5 GT Turbo -
-   Javier Piñeiro -
-   Alberto González -

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 Arévalo, Fernando (27 de agosto de 1990). "Castrillón sentenció el rally Ciudad de Cristal en Soandres y estuvo a punto de perderlo en el ultimo paso por Carral-Xalo". La Voz de Galicia (en castelán). 
  2. Arévalo, Fernando (5 de novembro de 1990). "Senra Sport organizará el Rally de La Coruña, el próximo día 17". La Voz de Galicia (en castelán). p. 43. 


Predecesor:
Rally Rías Baixas
 Campionato de Galicia de Rally 
Tempada 1990
Sucesor:
Rally San Froilán