Lino Otero

ex piloto de rallys galego

Evangelino Otero Otero, coñecido como Lino Otero, nado nas Pontes de García Rodríguez, é un ex piloto de rallys galego.

Infotaula de personaLino Otero
Biografía
NacementoAs Pontes de García Rodríguez Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpiloto de rally Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
DeporteRally Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosAntonio Otero Montero Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Competiu durante anos no Campionato de España de Rallys e no Campionato de Galicia de Rally. En 1983 quedou primeiro na División V do Campionato de España.[1] Nos seguintes tres anos disputou cun Opel Corsa SR a Copa Corsa, tamén do nacional, rematando quinto, segundo e terceiro respectivamente.[2] En 1985 quedou ademais cuarto na Copa de España de Rally, só por detrás de Carlos Alonso Lamberti, Marc Etchebers e José Mora.[3]

En 1987 e 1988 correu cun Renault 5 GT Turbo a Copa Renault do Campionato de España, acabando en terceira e en cuarta posición.[4] Ese último ano logrou ademais subir ao podio en segunda posición no 17º Rally da Coruña. En 1990 quedou oitavo na Copa de España,[5]

É pai do tamén piloto Antonio Otero.[6]

Notas editar

  1. "Resultados nacionais de 1983" (PDF). RFEDA (en castelán). Consultado o 8 de setembro de 2020. 
  2. "El piloto pontés Evangelino Otero afrontará este año su sexta Copa de Promoción". La Voz de Galicia (A Coruña ed.). 30 de xaneiro de 1989. p. 36. 
  3. "Resultados nacionais de 1985" (PDF). RFEDA (en castelán). Consultado o 8 de setembro de 2020. 
  4. "Resultados nacionais de 1988" (PDF). RFEDA (en castelán). Consultado o 8 de setembro de 2020. 
  5. "Resultados nacionais de 1990" (PDF). RFEDA (en castelán). Consultado o 8 de setembro de 2020. 
  6. García Suárez, Javier (4 de maio de 2015). "Rallymix, en A Gudiña". La Región (en castelán). Consultado o 8 de setembro de 2020.