Rally do Lacón de 1992

26ª edición do Rally do Lacón

O Rally do Lacón de 1992 foi a 26ª edición de dito rally e a terceira proba da tempada 1992 do Campionato de Galicia de Rally. Celebrouse entre o 13 e o 14 de maio de 1992 e o vencedor foi Manuel Senra, sobre o seu Peugeot 309 GTI 16v.[1]

Modelo:Competición deportivaRally do Lacón de 1992
Tipoedición de rally Editar o valor em Wikidata
Parte deRally Pazo Tizón e Tempada 1992 do Campionato de Galicia de Rally Editar o valor em Wikidata
Número de participantes45 Editar o valor em Wikidata
Localización  e  Datas
PaísEspaña Editar o valor em Wikidata
Intervalo de tempo13 de maio de 1992 – 14 de maio de 1992 Editar o valor em Wikidata
Número de edición26  (1992) Editar o valor em Wikidata
Competición
Primeiro postoManuel Senra Editar o valor em Wikidata

1991 Editar o valor em Wikidata
1993 Editar o valor em Wikidata

Resumo

editar

Germán Castrillón dominou as primeiras dúas seccións das tres que compoñían o rally, mentres que Manuel Senra foi o máis rápido nos treitos nocturnos do domingo, que pechaban a proba. Os vehículos chegaron á meta con Castrillón na primeira posición e con Senra segundo, a 11 segundos do cabanés. Con todo, tras finalizar a carreira Senra puxo unha reclamación sobre o o primeiro paso por Cabanelas, treito que fora anulado e non contabilizado ao caer unha árbore na estrada despois de que xa pasaran seis participantes, incluído o propio Senra, pero non Castrillón. Os comisarios déronlle a razón e contabilizaron os tempos dos pilotos que completaron dito treito adxudicándolle ao resto o peor dos seis tempos. Con estes novos tempos a clasificación mudou e declarouse gañador a Manuel Senra. A decisión enfadou ao equipo dos Castrillón, que acusaron á organización de "regalarlle o rally a Senra" e prometeron que non volverían correr o Rally do Lacón,[1] promesa que mantiveron. O carballiñés José María Banga completou o podio.[2]

Clasificación

editar
Pos Piloto Copiloto Automóbil Tempo
1   Manuel Senra   José Maceiras Peugeot 309 GTI 16v 1h04'29''
2   Germán Castrillón   Estrella Castrillón Ford Sierra Cosworth 1h04'38''
3   José María Banga   Modesto González Citroën AX Sport
5   José Carlos Táboas   Manuel Gilsanz Citroën AX Sport
6   Javier Azcona   Gonzalo Chaure Renault Clio 16v
Abandonos
-   José María Magdaleno   Manuel Campos Lancia Delta Integrale -
-   Javier Paz   Manuel García Citroën AX Sport -
  1. 1,0 1,1 "Una reclamación contra Castrillón otorga a Manuel Senra el triunfo en el Ralli do Lacón". La Voz de Galicia (en castelán). 15de xuño de 1992. p. 34. 
  2. "José María Banga fue el mejor entre los locales y tercero en la clasificación general". La Voz de Galicia (en castelán). 16 de xuño de 1992. p. 38. 


Predecesor:
Rally de Noia
 Campionato de Galicia de Rally 
Tempada 1992
Sucesor:
Rally de Ferrol