Rally do Lacón de 1993

27ª edición do Rally do Lacón

O Rally do Lacón de 1993 foi a 27ª edición de dito rally e a terceira proba da tempada 1993 do Campionato de Galicia de Rally. Celebrouse o 16 de maio de 1993 e o vencedor foi, por segundo ano consecutivo, Manuel Senra, sobre o seu Peugeot 309 GTI 16v.[1]

Modelo:Competición deportivaRally do Lacón de 1993
Tipoedición de rally Editar o valor em Wikidata
Parte deRally Pazo Tizón e Tempada 1993 do Campionato de Galicia de Rally Editar o valor em Wikidata
Número de participantes37 Editar o valor em Wikidata
Localización  e  Datas
PaísEspaña Editar o valor em Wikidata
Número de edición27  (1993) Editar o valor em Wikidata
Competición
Primeiro postoManuel Senra Editar o valor em Wikidata

1992 Editar o valor em Wikidata
1994 Editar o valor em Wikidata

Resumo

editar

Dos 45 pilotos inscritos, 37 tomaron a saída. Pouco despois do inicio, na primeira pasada polo treito da Saleta, Manuel Senra perdeu o control do seu Peugeot 309 e o local Javier Paz colocouse líder con seis segundos de vantaxe, que aumentou a 22 na segunda pasada polo mesmo lugar. A continuación Arturo Rial foi o máis rápido nas dúas pasadas por Reádegos, mentres que Senra marcou os mellores tempos en Parada de Labiote. A sesión matinal rematou con Paz como líder provisional, con 10 segundos sobre Rial e 26 sobre Senra. Con todo, na sesión vespertina comezou a chover, e Paz, que levaba pneumáticos lisos, viuse superado por Senra e Rial, que montaban rodas de choiva. Rial mantivo a primeira posición ata que sufriu unha saída de pista no treito Beade-Pena Corneira, que deixou a vitoria en mans de Manolo Senra. Na parte final do rally deixou de chover e Paz volveu recortar diferenzas con Rial ata arrebatarlle a segunda posición en Cabanelas, e quedar a só catro segundos de Senra.[1]

Clasificación

editar
Pos Piloto Copiloto Automóbil Tempo/diferenza
1   Manuel Senra   José Maceiras Peugeot 309 GTI 16v 1h01'57''
2   Javier Paz   Manuel García Ford Sierra Cosworth a 4''
3   Arturo Rial   Juan Carlos Arias Citroën AX Sport a 2'51''
4   Manuel Varela   Herminio González Ford Escort Cosworth a 2'57''
5   Juan Carlos Táboas   Luis Fernández González Citroën AX Sport a 3'11''
6   Javier Azcona Ayala Renault Clio 16V a 3'11''
7   Luis Alberto González Villarías   Fernando González Villarías Renault Clio 16V a 3'27''
8   Jorge Pérez   Luis Pérez Renault Clio Williams a 4'22''
9   Jesús Campos   Faustino Suárez a 5'09''
10   Germán Linares Larey a 5'56''
11 Santos Vázquez Ríos Buceta a 6'02''
12   Vicente Posada   Sergio Freire a 6'22''
  1. 1,0 1,1 Castro, X. R. (17 de maio de 1993). "Senra revalida su título en un trepidante Rally do Lacón". La Voz de Galicia (en castelán). p. 59. 


Predecesor:
Rally de Noia
 Campionato de Galicia de Rally 
Tempada 1993
Sucesor:
Rally de Ferrol