Pena Corneira
Coordenadas: 42°20′46.24152″N 08°10′15.19716″O / 42.3461782000, -8.1708881000
Serra de Pena Corneira | |||
---|---|---|---|
Marco Legal | |||
Figura de Protección: | Monumento natural | ||
Ano de constitución: | 18 de xaneiro de 2008 | ||
Superficie: | 998 ha. | ||
Lexislación: | Decreto 264/2007, do 20 de decembro | ||
Datos de interese | |||
País: | Galicia | ||
Provincias: | Ourense | ||
Concellos: | Avión, Carballeda de Avia e Leiro | ||
Ríos: | |||
Picos | |||
Direccións de interese: | |||
Teléfonos: |
Pena Corneira é un espazo natural de 998 hectáreas declarado monumento natural da comarca ourensá do Ribeiro, entre Avión, Carballeda de Avia e Leiro, e que se caracteriza por se asentar sobre un vasto macizo granítico senlleiro cun grande interese pola súa singularidade e importancia dos seus valores científicos, culturais e paisaxísticos. Carballeda de Avia o municipio que alberga unha maior superficie, seguido dos concellos de Leiro e Avión, todos na comarca do Ribeiro.[1]
No cumio do monte atópase a Pena Corneira, un penedo vertical de dez metros de altura.
Xeoloxía
editarTrátase dunha prolongación ao noroeste da serra do Suído, entre as concas do río Avia e do Miño. Xeoloxicamente trátase dunha masa plutónica batolítica de 18 quilómetros en sentido meridiano e 7 quilómetros en sentido suroeste-nordés de hai aproximadamente uns 300 millóns de anos. O batólito constitúeno rochas graníticas hercinianas poscinemáticas, de composición xeral calcoalcalina e subalcalina, coa presenza de granitos biotíticos e granodioritas biotítico-anfibólicas, aínda que non todo o macizo presenta facies similares. A diferenciación cristalina deu lugar a diferenzas na evolución xeomorfolóxica que fixeron posíbel a existencia do macizo e as súas formacións asociadas: cristas graníticas, domos alvéolos, corredores deprimidos, caos de bólos, pías (pot holes, gnammas) etc.
Flora e fauna
editarA erosión encheu o outeiro de penedos a xeito de grandes bólas de granito e rochas de estrañas formas (outeiro da campá, outeiro dos forniños, outeiro do lagarto, outeiro da bañeira do demo...), e onde salienta o gran fito do cumio, referente visual, xunto co Faro das Laceiras do val do Avia. O espazo está practicamente cuberto por carballeiras e fragas de interese botánico.
Notas
editar- ↑ Consellaría de Medio Ambiente, Ordenación e Territorio, Xunta de Galicia (eds.). "Serra de Pena Corneira".
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Consellaría de Medio Ambiente, Ordenación e Territorio, Xunta de Galicia (eds.). "Serra de Pena Corneira".
- Concello de Carballeda de Avia: información de rutas e turismo