Batólito
Un batólito (do grego, bathos e lithos que significan profundo e pedra, respectivamente) é unha masa extensa de granitoides[1] que se estende por centos de quilómetros[2] e cobre máis de 100 quilómetros cadrados[3][4] na codia terrestre. Os batólitos están compostos por múltiples plutóns individuais os cales poden solaparse ou intersecarse.[1][2] Os grandes volumes dos batólitos débense a unha cuantiosa e repetida produción de magma durante períodos de oroxénese.[2]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 Pitcher, Wallace. 1993. The Nature and Orogin of Granite. Blackie Academic & Professional. Páxinas: 193-217
- ↑ 2,0 2,1 2,2 Hall, Antony. 1987. Igneous Petrology. LongmanScientific & Technical. Páxinas: 91-93
- ↑ USGS BATHOLITHS and LACCOLITHS, PLUTONS and STOCKS DIKES and SILLS Arquivado 18 de outubro de 2011 en Wayback Machine.
- ↑ Batholith (geology), Brittannica Academic Edition.