Rally de Noia de 1990

proba automobilística

O Rally de Noia de 1990 foi a 7ª edición de dito rally e a segunda proba da tempada 1990 do Campionato de Galicia de Rally. Celebrouse o 21 de abril de 1990 e o vencedor foi o piloto vascofrancés Marc Etchebers, sobre un Ford Sierra Cosworth.

Rally de Noia de 1990
CategoríaGalicia
LocalizaciónGalicia Noia
OrganizadorEscudería Berberecho
ÁmbitoRexional
SuperficieAsfalto
Gañadores
Piloto campiónFrancia Marc Etehebers
Participantes
Equipos36
AnteriorRally de Noia de 1989
SeguinteRally de Noia de 1991

ItinerarioEditar

O rally constou de catro treitos diferentes (O Tambre, San Fins, Lesende e Outes) con dúas pasadas a cada un deles, excepto o primeiro, ao que se deron tres pasadas.[1]

ResumoEditar

Manuel Senra e José Maceiras, cun Renault 5 GT Turbo alugado a Lino Otero, colocáronse líderes no inicio e mantiveron a posición ata o terceiro treito, onde se viron superados pola maior potencia do Ford Sierra Cosworth do piloto vascofrancés Marc Etchebers.[2] Este marcou o mellor tempo en seis dos nove treitos e chegou á meta con 26 segundos sobre o piloto de Dumbría.[3][4]

Carlos Piñeiro, vencedor da edición do ano anterior, chegou en terceira posición, mentres que o vigués Antonio Trelles, que foi terceiro en varios momentos da proba, quedou finalmente cuarto da xeral e primeiro na Copa Renault. Un dos favoritos para a vitoria, Arturo Rial, tivo que abandonar despois de que o seu Citroën AX Sport saíse fóra da estrada preto do remate da segunda pasada por Lesende.[2]

ClasificaciónEditar

Pos Piloto Copiloto Vehículo
1   Marc Etchebers   Humberto González Ford Sierra Cosworth
2   Manuel Senra   José Maceiras Renault 5 GT Turbo
3   Carlos Piñeiro Ford Sierra Cosworth
4   Antonio Trelles Renault 5 GT Turbo
5   Emilio Barros Renault 11 Turbo
8   Antonio Garrido Ford Sierra Cosworth
9   Alberto González   Susana Rodríguez Citroën AX GT
Abandonos
-   Arturo Rial   Mario Pazos Citroën AX Sport
-   Jorge Pérez Renault 5 GT Turbo
-   José Viana Ferreira Renault 5 GT Turbo
-   Juan Carlos Táboas Citroën AX Sport

NotasEditar

  1. "Mañana se disputa el rally Ría de Noia, puntuable para el campeonato gallego". La Voz de Galicia (en castelán). 20 de abril de 1990. p. 48. 
  2. 2,0 2,1 Arévalo, Fernando (23 de abril de 1990). "Etchebers impuso en Noia la potencia de su Sierra a la agilidad del GT de Senra". La Voz de Galicia (en castelán). p. 41. 
  3. "Manuel Senra, de Dumbría, subcampeón en el Rally de Noia". La Voz de Galicia (en castelán). 24 de abril de 1990. p. 53. 
  4. "Marc Etchebers ganó el Rally Ría de Noia". La Voz de Galicia (en castelán). 22 de abril de 1990. p. 58. 


Predecesor:
Rally de Vigo
 Campionato de Galicia de Rally 
Tempada 1990
Sucesor:
Rally do Lacón