Narcotráfico

tráfico ilegal de drogas

O narcotráfico é unha actividade ilegal e globalizada que radica no cultivo, fabricación, distribución, venda, control de mercados, consumo e reciclaxe de utilidades inherentes á droga de procedencia ilegal. Non obstante, dito concepto de ilegalidade pode variar dependendo da normativa dalgúns países ou organizacións internacionais, que poden determinar de maneira estrita a prohibición da produción, transporte, venda e consumo dalgúns estupefacientes ou de igual modo poden permitila.

Mapa da CIA de conexións internacionais de drogas ilegais (2009)
Principais países produtores de heroína do mundo (de cor vermella)
Rutas aéreas de narcotráfico supervisadas polo Comando Sur dos Estados Unidos
Cartel de Cali en 2003. Segundo as autoridades estadounidenses.

O narcotráfico opera de maneira similar a outros mercados subterráneos. Varios cárteles de drogas especialízanse en procesos separados ao largo da cadea de subministración, a miúdo focalizados para maximizar a súa eficiencia. Dependendo da rendibilidade de cada parte do proceso, os cárteles varían en tamaño, consistencia e organización. A cadea vai dende os traficantes da rúa de baixo rango, os cales ás veces son consumidores de drogas eles mesmos, tamén chamados "camellos", ós xefes dos cárteles que controlan e dominan a produción e distribución. Estes son os que, xunto ós intermediarios financeiros que lles axudan a "potabilizar o diñeiro conseguido" ou "lavar os activos de procedencia ilegal", dominan o baixo mundo das drogas.

Os imperios multinacionais do narcotráfico loitan polo control do mercado global e a obtención de beneficios económicos que garantan a estabilidade das súas organizacións, valéndose para isto de: subornos a persoal xudicial ou de pequenas entidades privadas de seguridade, contratación de pequenas unidades distribuidoras, contratación de bandas criminais ou suxeitos armados (sicarios) que manipulen o mercado a pequena escala e realicen varias actividades a prol das organizacións (homicidio de líderes políticos, entre outros), se encarguen da seguridade dos cultivos e puntos de distribución do material ilícito.

Os imperios multinacionais do narcotráfico desenvolven consecuencias problemáticas para a sociedade, principalmente asociadas ós fenómenos de corrupción das estruturas políticas e xudiciais das nacións, control dos medios de comunicación, lavado de activos, violencia, terrorismo e drogadicción.

Produción editar

A maior parte das substancias estupefacientes producidas no mundo cultívanse en países de Suramérica, Sueste Asiático e Oriente Medio, e despois introdúcense de contrabando nos países consumidores. Tradicionalmente, Estados Unidos e Europa tenderon a impoñer políticas restritivas de «tolerancia cero» aos países produtores. Porén, os cultivos de coca ou cánnabis son indispensables para a fabricación de alimentos [Cómpre referencia], bebidas e medicamentos en todo o mundo, e un sostén económico para as rexións produtoras. Por outro lado, o consumo de substancias psicotrópicas tales como o dietilamida del ácido lisérgico (LSD), vai en diminución; as anfetaminas e outras substancias psicotrópicas de deseño e composición sintética ou semisintética, como o "éxtase" (MDMA), son producidas en laboratorios, principalmente en países desenvolvidos, e están substituíndo ás drogas tradicionais como a cocaína.

As orixes editar

En xurisdicións onde a lexislación restrinxe ou prohibe a venda de certas substancias psicoactivas, é común que se desenvolva un mercado ilegal. Por exemplo, o Congreso dos Estados Unidos identificou varias substancias controladas.

A maioría das nacións considera o tráfico de droga un problema moi serio. No 1989, os Estados Unidos interviron en Panamá co "pretexto" de romper o comercio da droga. O goberno da India realizou operacións encubertas no Medio Este e o subcontinente indio para seguir o rastro de varios narcotraficantes. Algunhas estimacións do comercio global puxeron o valor das drogas ilegais ao redor de 400 mil millóns de US$ no ano 2000 [Cómpre referencia]; que, sumado ao mesmo tempo ao valor do comercio global de drogas legais, corresponde a unha cantidade superior ao diñeiro gastado para a comida no mesmo período. No 2005 o "United Nations World Drug Report" estimou o valor do mercado de droga ilícito global no ano 2003 en 13 mil millóns de US$ a nivel de produción, 94 mil millóns de US$ ao nivel de prezo de maioreo, e 322 mil millóns de US$ baseado nos prezos do menudeo.

A historia editar

Nalgúns países, o tráfico ilícito de substancias psicoactivas foi motivo de formación e fortalecemento de grupos armados á marxe da lei, corrupción estatal, desprazamento forzado de poboación, deterioración de rexións rurais, entre outras consecuencias.

A Primeira Guerra do Opio foi un esforzo por obrigar a China a permitir aos comerciantes británicos comerciar co opio entre a poboación xeral da China. Aínda que era ilegal por decreto imperial, fumar opio era común no século XIX e críase que curaba moitos problemas de saúde. Os chineses levaron o opio a México entrando polo porto de Mazatlán, rapidamente déronse conta que as condicións climáticas de Sinaloa permitían o bo cultivo desta planta; así foi como iniciaron as primeiras rutas do narcotráfico cara aos Estados Unidos polo territorio mexicano onde nazis alemáns descubriron ditos camiños de tráfico de drogas dos chineses.[1]

O comercio ilegal de drogas legais editar

As drogas legais como o tabaco e o alcohol poden converterse en mercancía de contrabando e comercio ilegal se a diferenza do prezo entre a orixe e o destino é o suficientemente alta para facelo lucrativo. Cos impostos no tabaco, (moito máis altos no Reino Unido que no resto de Europa) este é un problema considerable no Reino Unido. Tamén adoita ser ilegal vender ou proporcionar tabaco ou alcohol a menores, o cal é considerado como contrabando na maioría dos países.

O narcotráfico na cultura editar

O narcotráfico deu pé a numerosas obras literarias, como as novelas Todo é silencio (Manuel Rivas, 2010) A guerra do tabaco e Narcos (Carlos G. Reigosa), ou La reina del Sur (Arturo Pérez-Reverte).

No audiovisual, produciuse a película Heroína, dirixida por Gerardo Herrero sobre o nacemento do movemento Érguete de loita contra a droga e o narcotráfico en Galicia. A serie de televisión Matalobos xira arredor do mundo do narcotráfico nunha vila ficticia próxima á Coruña.

Notas editar

  1. Los nazis en México Cedillo, Juan Alberto; Los Nazis en México, México DF. Decembro de 2007.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar