A guerra do tabaco

obra literaria de Carlos González Reigosa

A guerra do tabaco é unha novela de Carlos González Reigosa, publicada en 1996. É a terceira entrega da saga do detective Nivardo Castro xunto co xornalista Carlos Conde.

A guerra do tabaco
Autor/aCarlos González Reigosa
CubertaVilar Cardona
OrixeGaliza
Linguagalego
ColecciónColección Negra
Xénero(s)Novela policíaca
EditorialEdicións Xerais
Data de pub.1996
Formato14,5 x 22 cm.
edición rústica cosida a fío
Páxinas226
ISBNISBN 978-84-8302-061-0
Precedido porO misterio do barco perdido
Seguido porNarcos
editar datos en Wikidata ]

Trama editar

A obra narra unha guerra entre varios narcotraficantes galegos, na época do paso do contrabando de tabaco ao tráfico de haxix e cocaína.

Orlando é un xefe dun clan contrabandista da ría de Arousa. Leva tempo no negocio, no que comezara xunto a Plácido, outro patriarca do seu propio clan. Nos últimos anos apareceron outros dous clans na zona, o dos irmáns Mingallo e o de Roque Caruncho, que tamén trafican con outras drogas, mais non hai problemas entre eles.

Preto da Costa da Morte comeza a operar un novo contrabandista, Alberte Cuñal, que no canto de con Winston trafica con Marlboro. Orlando provoca unha guerra entre clans para recuperar o liderado no negocio, mais faille entender aos clans da súa área que a guerra é culpa do inimigo común e que hai un traidor entre eles. Hai un morto por cada clan da ría de Arousa, e o home de confianza de Orlando sofre un atentado que silencian como se fose un accidente de tráfico para ocultar que ía no coche con dúas prostitutas portuguesas.

O xornalista Carlos Conde está a investigar o contrabando en Galicia, e conta coa colaboración de Agapito Landín, tenente da Garda Civil e de Desiderio Monelo, policía nacional. Amais pídelle axuda a Nivardo Castro, un detective amigo seu, e a Franco Franzini, un coñecido seu italiano que se fai pasar por membro da Mafia de Nápoles, a camorra.

Logo de investigaren por Ámsterdam, Vila Real e a costa galega, o detective e o xornalista vense implicados no caso, sendo usados por Alberte Cuñal como cebo para poder matar a Orlando. Finalmente, os dous líderes son apreixados.

Traducións editar

  • Ao castelán polo propio autor co título de La guerra del tabaco publicado en 2000 por Plaza&Janés Editores[1].

Notas editar

  1. Ficha Arquivado 27 de marzo de 2018 en Wayback Machine. en BiTraGa.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar

  • Ficha na web da editorial.