Narcos (novela)

novela de Carlos González Reigosa

Narcos é unha novela de Carlos González Reigosa, publicada en 2001. É a cuarta entrega da saga do detective Nivardo Castro xunto co xornalista Carlos Conde. No ano 2002 acadou o Premio Benito Soto á mellor novela do ano.

Narcos
Autor/aCarlos González Reigosa
CubertaAntón Lamazares
OrixeGaliza
Linguagalego
ColecciónNarrativa
Xénero(s)Novela policíaca
EditorialEdicións Xerais
Data de pub.Marzo 2001
Formato14,5 x 22 cm.
edición rústica cosida a fío
Páxinas352
ISBNISBN 978-84-8302-629-5
Precedido porA guerra do tabaco
editar datos en Wikidata ]

Trama editar

Logo de que dous dos xefes dos clans do contrabando fosen encarcerados tres anos antes, apareceron na ría de Arousa novos grupos dedicados ó tráfico de cocaína e heroína. Amais dos grupos do vello Eustaquio Lamote, Don Plácido (en mans do seu avogado e xenro Lito Ferro) e os novos de Roque Caruncho e dos irmáns Pablo e Vicente Mingallos, apareceu un novo clan liderado por Belarmino Castaño.

Marion Cendán Couto é un empresario vigués ao que lle morreu unha filla por culpa da droga. Contacta co xornalista Carlos Conde para pedirlle que lle amargue a vida aos narcotraficantes galegos, e este pono en contacto co detective Nivardo Castro.

Pola súa banda, o xuíz Rafael García Salas coordina unha operación para desarticular a trama de tráfico de drogas, e dálle información a Carlos Conde porque sabe que a súa axuda pode ser útil. Este, acompañado do detective e da fotógrafa María Candea, descobre que vai haber unha descarga de forma inminente.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar